FOMENTO DEPORTE CAMPAÑA VERÁN 2016

18 / ABR / 2016

FOMENTO DEPORTE CAMPAÑA VERÁN 2016

Desde a Concellaría de Deportes está a traballarse na programación de actividades de iniciación e fomento deportivo para a campaña "Verán 2016".

Por tal motivo, e para que o momento de traballo sexa para todos o mesmo, solicitan que os distintos clubs deportivos de Sada remitan á Concellaría de Deportes os proxectos de actividades propias que queiran desenvolver durante a tempada estival.

As peticións han de indicar expresamente os días, horas e usos patrocinados en instalacións municipais. Poderanse solicitar varias alternativas indicando a orde de preferencia, se fose necesario.

Para ese efecto, desde a Concellaría de Deportes achéganse os modelos de proxectos e actividades deportivas para cubrir por parte dos clubs de Sada.

1. PROXECTO DE ACTIVIDADES (Para Campus, Xornadas, Cursos e Xornadas Formativas).

2. PROXECTO DE EVENTOS DEPORTIVOS (Para Torneos, Trofeos, Campionatos e outros)

Lémbrase a necesidade de cumprir cos prazos de envío, sobre todo para aquelas actividades que soliciten o uso patrocinado de instalacións.

Para poder figurar na Programación Deportiva Municipal Verán 2016, todas as actividades deberán de ser solicitadas ademais por rexistro municipal, á atención de Concellaría de Deportes, para a súa inclusión definitiva unha vez comprobado que reúnen todos os requisitos legais.

Desde a Concellaría de Deportes informan tamén que todas solicitudes que se enviaron previamente dos clubs á concellaría, aínda que estean a ser tramitadas as instalacións, deben de volver tramitarse por medio do modelo adecuado (Actividades ou Proxectos) canto antes.

CADRO DE DATAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DEPORTIVO MUNICIPAL.

-Datas de actividade:

Do 20 de Xuño ao 04 de Setembro 2016.

- Envío proxectos a deportes@sada.gal:

Até o luns 29/04/2016. (incluído)

- Confirmación de proxectos preseleccionados e instalacións reservadas:

A partir do 09/05/2016.

- Presentación da solicitude formal, vía rexistro municipal, incluíndo no seu caso a petición de patrocinio para o uso gratuíto das instalacións reservadas, con indicación da actividade e a documentación que resulte obrigatoria:

Nos dous días hábiles seguintes á confirmación.

- Publicación e difusión do Programa:

 A partir do mércores 18 de maio 2016. Este punto sempre estará condicionado por todos os anteriores, de aí a insistencia na importancia no cumprimento dos prazos establecidos.

 

Un cordial saúdo:

Zeltia García - Concelleira de Deportes

Arquivado en