FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

19 / MAI / 2022

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar

ORDE do 29 de abril de 2022 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR- ANEXO I

COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR - ANEXO II

Actualmente, o artigo único da Orde do 29 de maio de 2013 determina o período de vixencia dos libros de texto en 6 anos. Non obstante, a consideración de que o aconsellable é vincular calquera cambio nos libros de texto que esgotaron o período de vixencia de 6 anos ao proceso de implantación da Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, e á conseguinte adaptación dos currículos, constitúe unha circunstancia excepcional que xustifica a ampliación do período de vixencia dos libros de 4º e 6º de educación primaria e 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2022/23.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Axudas convocadas:

Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

  • En 3º e 5º de EP e 1º e 3º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica de educación (LOMLOE).
  • En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO manteranse os libros de texto do curso 2021/22.

Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial.

Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar,

A asignación de libros farase:

  • a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
  • b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

  • a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
    - Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.
    - Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.
  • b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 275 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:
    Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
    - Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €.
    - Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 140 €.
  • Alumnado de ESO:
    - Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
    - Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda

Máis información no DOG do 18 de maio de 2022 e en https://www.edu.xunta.es/fondolibros 
 

Arquivado en