A gala final deste proxecto tivo lugar hoxe no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns.
Sada, 31 de maio de 2018.
A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo celebrou hoxe, xoves 31 de maio, na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, a gala final doutra edición máis do seu programa de educación ambiental 'Educando na Biosfera' polo que se formaron durante todo o ano un total de 1.044 alumnos dos diferentes centros educativos do municipio sadense.
Ao acto final asistiron os máis de 300 escolares dos centros CEIP Pedro Barrié da Maza, CEIP Sada e Contornos, CEIP Plurilingüe O Mosteirón, IES Isaac Díaz Pardo e IES O Mosteirón, que realizaron diferentes traballos prácticos sobre temáticas como recollida de residuos, As Brañas de Sada, especies invasoras, o ciclo da auga, coidado de animais domésticos, etc.
Un ano máis, o Concello de Sada albergou esta iniciativa ambiental que se espera que se estenda a máis municipios da área. Durante todo o curso os técnicos da Reserva complementaron os coñecementos teóricos impartidos nas aulas e os traballos realizados con salídas e visitas guiadas a distintos espazos e recursos do territorio.
Nesta edición, como peculiaridade, cada centro puido escoller, entre unha carta de temáticas, aqueles temas que mellor se adaptaban a cada espazo educativo.
O acto estivo presidido polo presidente da Reserva de Biosfera, José Antonio Santiso Miramontes, o alcalde de Sada, Benito Portela, e os directores dos centros educativos. Santiso destacou que actos deste tipo "non celébranse en ningún outro sitio" e declarou que para el "este é ou día máis bonito como presidente dá Reserva, tanto ou alcalde como vos profesores de Sada sodes un exemplo a seguir para vos outros concellos".
Por último, o rexedor sadense agradeceu á Reserva de Biosfera e aos seus traballadores "a súa colaboración e que se volvese a escoller Sada para desenvolver este programa".