O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, convocou á cidadanía ao concurso fotográfico “12 meses en Sada” para que enviasen instantáneas en cor de Sada que serán incluidas no calendario que distribue o concello que se edita todos os anos no mes de decembro.
PINCHA AQUÍ PARA VER AS FOTOS GAÑADORAS CONCURSO "12 MESES EN SADA"
En total presentáronse 92 fotografías a concurso sobre Sada en temática libre. As fotografías presentadas colgáronse o pasado 19 de novembro para difusión pública e votación popular no Portal de Participación Cidadá do Concello de Sada ata ás 13:00 horas de hoxe.
As doce instantáneas elexidas foron escollidas por votación popular de 558 persoas. Para facelo contabilizouse o número de votacións que recibiu cada unha delas.
As 12 fotografías gañadoras, entre as que se atopan estampas do edificio de A Terraza, da ría, das calas, do porto deportivo ou dos parques infantís, se incluirán no calendario municipal que se edita todos os anos coa chegada do Nadal. Cada unha delas terá identificado o nome do autor/a ou seudónimo se fose o caso.
PRIMEIRA CLASIFICADA CON 82 VOTOS - VIC
SEGUNDA CLAFICIADA CON 72 VOTOS - SUSANA NEIRA
TERCERA CLASIFICADA CON 68 VOTOS - ANDREA