Acende o Nadal 2017

18 / NOV / 2017

Acende o Nadal 2017

As Concellarías de Educación, Xuventude, Saúde e de Cultura e Praias do Concello de Sada organizan a terceira edición de “Acende o Nadal” que consiste na selección mediante sorteo dunha familia sadense que será a encargada de realizar o acendido navideño 2017.

Decreto bases Acende Nadal 2017

Formulario inscrición online

Folla de inscrición

Sada 15 novembro 2017

O acendido navideño terá lugar o día 5 de decembro ás 19:30 horas nun punto céntrico de Sada en función das esixencias que requira a instalación eléctrica que será anunciado días antes.

Poderán participar neste sorteo todas as familias empadroadas no Concello de Sada (comprobarase de oficio). A familia gañadora será a encargada de activar o acendido navideño nese acto, polo que poderán invitar a todos aqueles membros da súa familia ou achegados cos que desexen realizar unha foto de familia nese acto.

Só se admitirá unha inscrición por unidade familiar (que viva no mesmo domicilio) que será entregada ou enviada á OMIX, ben persoalmente ou a través do correo electrónico (omixsada@gmail.com) adxuntando a folla de inscrición ou enviando os datos a través dun formulario.

O prazo para presentar as inscricións será do 15 ao 28 de novembro (inclusive) até ás 18.00h a través de calquera das formas de presentación dispoñibles.

O sorteo celebrarase o día 29 de novembro ás 12:00 h. no local de actividades da Oficina da Xuventude e estará aberto a todas as familias que así o desexen. A familia gañadora recibirá unha notificación vía telefónica comunicándolle que será a encargada de acender o Nadal en Sada e que se lle realizará unha foto familiar ese mesmo día e realizada por un fotógrafo profesional.

Por outra parte, establecerase unha listaxe de reserva con 5 familias no caso de que a familia que “Acende o Nadal en Sada” renunciase a asistir ao acto de acendido do Nadal o día 5 de decembro.

As inscricións recibidas entrarán tamén nun sorteo, que terá lugar ese mesmo día no Acendido de Nadal, onde os solicitantes poderán gañar a realización dunha foto familiar cun fotógrafo profesional no lugar de Sada que elixan. O sorteo será presencial, polo que a presencia será requisito indispensable para ser gañador do premio. No caso de non estar presentes se continuará co sorteo ata adxudicar os tres premios. 

Arquivado en