LISTAXE FIGURANTES CABALGATA REIS
NORMAS DE ACTUACIÓN EN CASO DE EMERXENCIA - INSTRUCCIÓNS PARA NAIS E PAIS
Ao remate da Cabalagata os pais poderán recoller os nenos nun punto de encontro que establecerá a organización no pavillón do instituto Isaac Díaz Pardo, para que a entrega dos menores sexa organizada"
Un ano máis, dende a Concellería de Cultura e Praias programamos a Cabalgata de Reis de 2018 como punto final das celebracións de Nadal.
Somos conscientes de que este é un dos días máis importantes do ano para as rapazas e os rapaces e queremos seguir mantendo viva a súa ilusión durante todo o tempo que sexa posible. Por isto escollemos unha posta en escena que esperamos que sexa do agrado de toda a poboación e introducimos uns pequenos cambios.
Este ano é moi posible, se o tempo acompaña, que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente fagan a súa chegada a Sada en barco, polo que a comitiva real partirá dende a Lonxa e fará unha parada no Porto Deportivo para recoller aos Magos.
Posteriormente realizarase o tradicional recorrido polas rúas de Sada, tratando de chegar a un maior número de localizacións e rematando cunha Festa de Reis no Pavillón do IES Isaac Díaz Pardo.
Para acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar na comitiva Real, as persoas interesadas deberán ter entre 6 e 30 anos a día 5 de xaneiro de 2018, e realizar a inscrición dalgún dos seguintes xeitos:
- Cubrindo este formulario
- Vía correo electrónico, enviando a inscrición debidamente cuberta a sada.cul@sada.gal. A inscrición pódese descargar premendo aquí
- De xeito presencial na OMIX, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00.
O prazo de inscricións ábrese o 6 de decembro ás 9:00 e remata o venres 15 de decembro ás 23:59.
CARTA CONCELLEIRA CULTURA E PRAIAS - MARÍA PARDO
BASES REGULADORAS- FIGURANTES NA CABALGATA DE REIS.