CONCURSO DISFRACES ENTROIDO 2020

19 / FEB / 2020

CONCURSO DISFRACES ENTROIDO 2020

A Concellería de Cultura organiza e programa un Concurso de Disfraces que se se celebrará o Martes de Entroido, 25 de febreiro, dentro da programación do Entroido en Sada 2020.

Bases de participación Concurso de Disfraces

Folla de inscrición Concurso de Disfraces (para entregar na OMIX)

Inscrición en liña

Poderán participar todas aquelas persoas e colectivos interesados, sen límite de idade. As persoas concursantes deberán participar nun desfile polas rúas de Sada. O percorrido desta edición darase a coñecer no seu momento e será comunicado directamente a todas as persoas e colectivos que se inscriban no certame.

Poderase participar en 3 categorías: MINI, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas.

A inscrición poderá realizarse cubrindo un formulario no que se recollerán os datos necesarios, como título do disfraz, número de compoñentes, categoría de concurso, temática dos disfraces, etc.

As propostas que inclúan música de acompañamento deberán aportar tamén copia dos audios, aos efectos de organizar unha posible exhibición final sobre un escenario con amplificación de son.

O prazo de inscrición rematará o domingo 23 de febreiro.

No caso da inscrición en CATEGORÍA MINI, e só para esta categoría, as persoas que queiran participar poderán facelo no mesmo momento no que vaia comezar o concurso.

Premios: 

Un xurado proporá 3 premios por categoría en forma de vales equivalentes a un importe de compra. Os vales serán cambiables pola compra de calquera produto ou servizo ofrecido polo conxunto de empresas con sede no termo municipal sadense. Describimos os premios-vale a continuación:

CATEGORÍA MINI (máximo de 5 participantes): o disfrace gañador recibirá un vale de 300€, o segundo premio un vale de 200€ e un vale de 100€ para o terceiro clasificado.

CATEGORÍA GRUPAL (6 ou máis participantes):o primeiro premio nesta categoría consistirá nun vale de 700€, o segundo premio será un vale por valor de 500€ e o terceiro un vale por valor de 300€.

CATEGORÍA CARROZAS: as comparsas participantes na categoría de carrozas deberán desfilar acompañando á súa plataforma móbil decorada. Os premios nesta categoría consistirán nun vale por valor de 1000€ para o primeiro premio, 850€ para o segundo premio e 700€ para o terceiro.

Os premios daranse a coñecer ao remate dos desfiles, facéndose recollida da documentación necesaria para expedir os vales.

Toda a información nas Bases de Participación

 

 

Arquivado en