Desde mañá mércores 16 de decembro ata o 16 de xaneiro, a Biblioteca Municipal ampliará o seu horario coa finalidade de favorecer a preparación dos exámenes de xaneiro, en resposta a unha demanda reiterada do estudantado, e máis nestas datas.
Formulario para reservar praza na Biblioteca
Sada 15 decembro 2020
Desde o 16 de decembro ata o 16 de xaneiro, a Biblioteca Municipal ampliará o seu horario coa finalidade de favorecer a preparación dos exámenes de xaneiro. O resto de servizos habituais ofreceranse no horario habitual.
Horario:
- De luns a venres de 9:00 a 21:00 h
- Sábados de 9:00 a 14 h
- Pechados: Domingos e 24-25 de decembro, 31 de decembro, 1 de xaneiro e 5-6 de xaneiro.
Total de prazas: 16 prazas, na zona superior.
A adxudicación de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Crearase unha listaxe de agarda. A confirmación de praza realizarase a través do correo electrónico. Unha vez cuberto este formulario xérase unha resposta automática, a cal non confirma a adxudicación de praza.
Condicións de uso:
Para crear un clima de traballo e estudo adecuado débense respectar as seguintes normas básicas:
- Manter un ambiente de ruído moderado que facilite o estudo.
- Dentro da Sala non se permite comer nin beber.
- Os teléfonos móbiles deben permanecer en silencio ou apagados.
- Os postos non se poden reservar con obxectos persoais; a Biblioteca non se responsabiliza do extravío ou deterioración destes.
- Prégase ás persoas usuarias que sexan respectuosas co equipamento xa que debe conservarse en condicións óptimas para beneficio de todos/as os/as usuarios/as.
- É obrigatorio o uso da máscara.
- Haberá hidroxel á disposición das persoas asistentes.
- Ante un mal uso deste servizo tomaranse as medidas disciplinarias e legais que se consideren oportunas.