BASES I CONCURSO DE BANDAS HIP HOP-RAP 2018
MODELO DE INSCRICIÓN I CONCURSO DE BANDAS HIP HOP-RAP 2018
A Concellería de Educacion, Xuventude e Saude de cara ao Día Internacional da Xuventude (12 de agosto) convoca o I CONCURSO DE BANDAS HIP HOP-RAP 2018
Este certame musical nace con vocacion de fomentar a cultura en xeral e a musica en particular, difundindo e promocionando as creacións de bandas xuvenis de estilo hip hop-rap e apoiando a escea musical.
Pretende ser unha cita anual na que teñan cabida os traballos presentados por formacións musicais emerxentes, con poucos traballos editados, servindo de impulso favorecedor da participacion popular. A motivacion sera actuar como teloneiros no concerto do 12 de agosto, Dia da Xuventude, no que se presenta un cartel con grupos consolidados de tirada nacional.
Pode participar calquera formación musical cun repertorio propio suficiente como para ofrecer un concerto de ate 30 minutos, dentro do estilo hip hop-rap.
Para participar débese enviar o modelo de inscrición a omixsada@gmail.com e 2 cortes de audio en formato MP3. O prazo remata o 15 de xullo ás 14:00 horas.
As bandas inscritas participaran nunha seleccion previa na que un xurado escoitara os audios recibidos para escoller a elexida que participara como teloneira no concerto do Día da Xuventude o 12 de agosto. O resultado desa seleccion previa farase público a partir na segunda quincena de xullo.
A banda seleccionada tocara en directo como teloneiro no escenario do concerto do Día da Xuventude o 12 de agosto. Contara cun tempo de 20 minutos para mostrar unha seleccion do seu repertorio diante do publico. Deberan incluir no seu repertorioalomenos un tema presentado a seleccion previa.
O Concello de Sada aportará o escenario e equipamento de son e iluminación, asi como o persoal de producion necesario para organizar do concerto.
O xurado podera decidir a eliminación do concurso dalgunha banda no caso de que o seu comportamento sexa incorrecto e inaxeitado, asi como por faltas de responsabilidade graves que poidan afectar o funcionamento do evento.
O premio pode quedar deserto se o xurado considera que os traballos presentados non reunen a calidade suficiente para como para ofrecer unha actuación previa aos musicos que conformaran o cartel do dia 12 de agosto.
O Xurado, cun numero de integrantes non inferior a 3 e un maximo de 7 persoas, podera estar formado por Musicos e produtores, xornalistas musicais, etc ou persoas relacionadas co ambito musical.