I CONCURSO FOTOGRÁFICO: “12 MESES EN SADA”

19 / NOV / 2021

I CONCURSO FOTOGRÁFICO: “12 MESES EN SADA”

O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, convoca ás persoas afeccionadas á fotografía para que realicen instantáneas en cor de Sada que serán incluidas no calendario que distribue o concello (12 fotos en total) que se edita todos os anos no mes de decembro.

VOTA POLAS FOTOS QUE QUERES NO CALENDARIO 2022 

Bases Concurso "12 meses en Sada"

Aquelas persoas que queiran participar deberán presentar un máximo de 3 fotografías en cor sobre Sada en temática libre. En caso de que saían nas imaxes persoas da rúa, estas aparecerán de forma que non se lles recoñeza a identidade, de espaldas ou coa cara non visible.

As características técnicas das fotografías serán as seguintes:

  • Fotografía en cor
  • Formato JPG cunha resolución axeitada á impresión posterior dos calendarios
  • Peso máximo dos arquivos de imaxe presentados: 10 MB (polas 3 en total)
  • Formato horizontal e adaptable ao tamaño 10x12 cm

Estas fotografías enviaranse até o 19 de novembro ás 12.00h a través do formulario habilitado . As fotografías presentadas colgaranse posteriormente para difusión pública e votación popular no apartado do Portal de Participación Cidadá até o 26 de novembro ás 13.00h.

 

DATOS QUE DEBES APORTAR

Nome e apelidos, idade, teléfono, concello de empadroamento, seudónimo ou nome que queres que apareza públicamente como autor/a e aceptación da cesión de dereitos.

 

Quen pode participar?

Calquera persoa que o desexe

 

Como se participa?

Para participar deberán facer unha inscrición no formulario habilitado na web municipal I CONCURSO: “12 MESES EN SADA”

 

Quen escolle as fotografías gañadoras?

As propostas presentadas a través do formulario colgaranse no Portal de Participación Cidadá do Concello de Sada

Serán escollidas por votación popular desde o 19 de novembro ata o 26 de novembro

Para facelo contabilizaranse o número de “votacións” que reciba cada unha delas.

 

Cal é o premio?

As 12 fotografías gañadoras estarán incluidas no calendario municipal que se edita todos os anos coa chegada do Nadal. Cada unha delas terá identificado o nome do autor/a ou seudónimo se fose o caso.

Arquivado en