A Deputación da Coruña convoca a primeira edición do Premio á Mellor Iniciativa Empresarial da Provincia, un galardón incluído entre as accións de apoio a persoas emprendedoras do Plan de Emprego Local (PEL) 2016-2019 co que se pretende recoñecer e promocionar o traballo realizado polas empresas, persoas emprendedoras e autonónomas coruñesas, así como contribuír ao crecemento e desenvolvemento das mesmas cun premio en metálico de 50.000 euros, que se dividirá en dúas categorías.
I Premio Provincial á mellor iniciativa Empresarial
A primeira categoría (25.000 euros) está destinada a novas iniciativas empresariais, cunha traxectoria de menos de doce meses dende o inicio da súa actividade, mentres que a segunda categoria ( tamén cunha dotación de 25.000 euros) recoñecerá a mellor iniciativa empresarial consolidada con máis de cinco anos de actividade.
Ao premio poden concorrer pequenas e medianas empresas, microempresas, persoas emprendedoras e autónomas que teñan a súa sede na provincia da Coruña.O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de decembro e o fallo darase a coñecer a principios de 2017.
Pode consultar a convocatoria premendo na seguinte ligazón:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/11/16/2016_0000009380.pdf
Bases da convocatoria BOP nº 211- Martes, 08 de novembro de 2016
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/11/08/2016_0000009200.pdf