A de Promoción Económica, Turismo e Emprego propón a realización dun evento inclusivo denominado I Xincana Samaín Inclusivo.
Decreto Listado Participantes Samaín Inclusivo
O Concello de Sada organiza o luns 31 de outubro a I Xincana inclusiva, unha serie de actividades pensadas para a integración dos colectivos de persoas con discapacidade da nosa localidade nas xornadas lúdicas programadas para celebrar o Samaín en colaboración co comercio e a hostalaría local.
A iniciativa pretende que de xeito inclusiva, as personas con capacidades diferentes xoguen e fagan deporte coa mocidade do municipio para sensibilizar sobre as posibilidades de inserción na sociedade para persoas con discapacidade intelectual.
A través de material adaptado ás súas diferentes capacidades, os e as participantes terán que completar unha serie de probas relacionadas coa temática do samaín tradicional coa axuda das pistas agochadas entre os locais de hostalaría e comercio colaboradores.
PARTICIPANTES:
- A xincana está aberta á participación de todas as persoas que o desexen, especialmente pensado para a mocidade.
- Poderán ser colaboradores todos os establecementos comerciais do municipio de Sada, calquera que sexa a a actividade que desenvolvan e que teñan escaparate con vistas ao exterior desde á rúa decorados coa temática do Samaín.
PARTICIPACIÓN:
- Para ser participante non será preciso preinscripción de ningún tipo. Terán efectos de participantes todos aqueles que acudan a algún dos establecementos colaboradores e soliciten o seu material de participante.
- Os establecementos interesados en participar poderán incribirse cumprimentando o ANEXO I e presentándoo en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, telemática ou presencialmente. A inscripción é gratuíta.
- O prazo para inscribirse será do 10 ao 20 de outubro. O listado de establecementos participantes publicarase o día 24 de outubro na páxina web do Concello.
NORMAS DE PARTICIPACIÓN:
As persoas participantes da xincana deberán retirar as súas cartillas de participación nalgún dos locais participantes e ir seguindo as pistas ata descifrar a mensaxe. Unha vez descifrada poderán depositar dita tarxeta cos seus datos persoais nas urnas habilitadas para tal fin. Para incentivar á participación entre todas os cartóns debidamente cumplimentado sortearanse 3 packs de xogos físicos de aventuras.
Os locais participantes deberán decorar os escaparates e ambientar os seus interiores dentro da temática do Samaín. Recibirán doces e caramelos para entregar aos participantes da xincana así como serán os responsables de entregar os cartóns de participación e albergar as pistas para a súa cumplimentación. Os responsables de cada local deberán enviar unha fotografía a turismo.eventos@sada.gal co seu escaparate unha vez decorado para a súa promoción en redes antes do venres 29 de outubro. Para incentivar a participación e a ambientación do evento repartiranse 3 tarxetas regalo entre as mellores decoracións segundo criterio da Organización. Samaín en Galiza ten unha significación propia. Por iso valorarase positivamente a inclusión de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal como poden ser as castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou outros animas nocturnos. A participación é por local, con independencia do número de escaparates dos que dispoña.
BENEFICIOS PARA OS PARTICIPANTES:
- Os e as participantes recibirán doces e participarán no sorteo de diferentes agasallos.
- As empresas participantes contarán coa promoción gratuíta nos diferentes medios de comunicación utilizados para difundir o evento do Samaín así como nas redes sociais municipais. Fomentarase que a veciñanza tire e comparta fotos fronte aos escaparates decorados a través de premios por sorteo directo.
- O evento contará con accións de animación como pasarrúas, decoración e ambientación musical.
O xurado estará formado por tres representantes do Concello, que terán en conta os seguintes criterios á hora de valorar os escaparates:
- Adecuación á temática do Samaín.
- Accesibilidade.
- Orixinalidade e innovación nos contidos e formatos.
- Aproveitamento de recursos propios.
- Repercusión nas Redes Sociais.
PREMIOS:
- Primeiro premio: Diploma acreditativo, publicidade nas redes municipais e 150€ para material de escaparatismo.
- Segundo premio: Diploma acreditativo e publicidade nas redes municipais e 100€ para material de escaparatismo.
- Terceiro premio: Diploma acreditativo e publicidade nas redes municipais e 50€ para material de escaparatismo.
- Premio dos Participantes: 3 vales para xogos físicos de aventuras valorados en 60€ cada un.