A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente convoca este concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar o esforzo e a decoración dos escaparates da VII Feira Modernista de Sada e promover as ventas do comercio local. Este certame estará dirixido a todos os establecementos comerciais de Sada, calquera que sexa a súa actividade comercial.
As inscricións deberánse realizar por escrito, antes das 14:00h. do luns 2 de xullo de 2018, cubrindo o formulario en liña ou ben cubrindo a inscrición e entregandoa no departamento de Promoción Económica e Turismo de Sada.
Formulario de inscrición en liña
Bases II Certame de Escaparates “O Moderniño”
Inscrición para cubrir e entregar II Concurso de Escaparates O Moderniño
As datas de exhibición dos escaparates serán as comprendidas entre o día 15 de xullo e o 15 de agosto de 2018, ambos incluídos, aínda que os productos de venta poderanse cambiar durante este tempo, sempre que non afecte á temática xeral do escaparate ata o día 3 de agosto de 2018.