A Rede Feminista Sadense convoca, coa colaboración do Concello de Sada, o II certame de Microrrelatos do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
GAÑADORAS
I CERTAME MICRORRELATO 8 DE MARZO
Este ano, a Rede Feminista Sadense recibiu un total de 28 traballos no II certame de microrrelato 8 de marzo, 23 na categoría de 7 a 11 anos e 5 na categoría de 12 a 17 anos. o 8 de marzo anunciaron o nome das gañadoras.
Categoría 7-11 anos:
- Gañadora: Aroa R. B.
- Accésit:Laura B. M.
Categoría 12-17 anos:
- Gañadora: Laura P. S.
- Accésit: Irene P. C.
CERTAME
Con motivo da vindeira celebración do Día Internacional da Muller, 8 MARZO 2.022, xornada para reivindicar os dereitos e a igualdade de oportunidades así como denunciar as desigualdades e a violencia que veñen sofrindo as mulleres ó longo da historia, REDE FEMINISTA SADENSE convoca o II CERTAME de MICRORRELATO.
Poderán participar nenos e nenas, mozos e mozas, con idades comprendidas entre os 7 anos e os 17 anos.
Este certame convócase nas seguintes DOUS CATEGORÍAS:
1º.- Categoría MICRORRELATO-INFANTIL para participantes con idades comprendidas entre7 e 11 anos (ambos incluidos)
2º.- Categoría MICRORRELATO-XUVENIL para participantes con idades comprendidas entre 12 e 17 anos (ambos incluidos)
O microrrelato deberá remitirse escrito en lingua galega ou castelá e deberá ser orixinal, cunha extensión máxima de 150 palabras. Poderá ser presentado en forma manuscrita ou a máquina, e cada concursante poderá presentar tantos microrrelatos como desexe.
Os traballos deberán ser remitidos en formato .PDF ó enderezo de correo electrónico redefeministasadense@gmail.com xuntando ó mesmo os seguintes datos persoais do/a autor/a: Nome completo, idade, curso e centro escolar, localidade de residencia, enderezo de correo electrónico e teléfono de contacto así como autorización de participación asinada pola nai/pai/tutora/tutor legal no caso dos menores de idade. É moi importante que os traballos sexan remitidos con calidade óptima, non borrosa e lexibles A data límite de presentación dos traballos será o día 1 de marzo de 2022.