02 / NOV / 2021
O Concello de Sada convocou no pasado Samaín a II edición do Escaparates de Medo, un concurso dirixido ao sector comercial, co fin de incentivar a decoración e a animación das rúas de Sada convidando á veciñanza a achegarse ata os establecementos.
O xurado concurso de Escaparates de Medo 2021 atendendo aos criterios de adecuación á temática do Samaín, orixinalidade e innovación nos contidos e formatos e aproveitamento de recursos propios ven de estimar que os locais gañadores son:
1 Miluzzete
2 Roberto Ríos
3 Máis que Doces.
Desde a Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego agradecen á implicación do comercio local nesta xincana con tan boa acollida entre a veciñanza. "Só podían ser tres pero todos os locais participantes merecíano!"