Información sobre realización de cacharelas en espazos privados na noite de San Xoan

17 / XUN / 2020

Información sobre realización de cacharelas en espazos privados na noite de San Xoan

De cara a realizar cacharelas en espazos privados a noite do 23 de xuño o Concello de Sada aconsella seguir as seguintes normas

O Concello de Sada pon a disposición das veciñas e veciños o correo electrónico sanxoan@sada.gal para notificacións de realizacións de cacharelas na noite do 23 de xuño en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio. Na notificación deberá indicarse o nome do propietario/a da casa/finca, o seu DNI e o enderezo postal do lugar de celebración da cacharela.

Os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer o teléfono ao que chamar por se xorde algunha incidencia  112 e 607 43 84 57.

Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que desprenda fume tóxico ao arder.

En ningún dos casos se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión ainda que estean baleiros.

A cacharela non sobrepasará os 3 mts de altura.

Deberase vixiar permanentemente o lume, incluso se hai brasas.

Débese contar cos medios- auga suficiente- para controlar o lume.

Por sentido acomún, antes de abandonar o espazo, o lume debe estar totalmente apagado.

Lembramos que o teléfono do SEM 607 43 84 57 está a vosa disposición as 24h do día para calquera dúbida.