INSCRICIÓN DE FIGURANTES NA CABALGATA DE REIS DE SADA

27 / DEC / 2023

INSCRICIÓN DE FIGURANTES NA CABALGATA DE REIS DE SADA

A concellería de Cultura publica as Bases polas que regularase a participación na cabalgata das nenas e nenos que queiran participar como figurantes acompañando ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente, no seu percorrido polas rúas sadenses.

CABALGATA DE REIS 2024 - BASES REGULADORAS PARA A SELECCIÓN DE FIGURANTES

27/12/2023 - LISTAXE DE PERRSOAS SELECCIONADAS E DE AGARDA PARA FIGURANTES CARROZAS CABALGATA DE REIS 

 

PARTICIPANTES

Poderán inscribirse rapazas e rapaces que teñan 6 anos cumplidos antes do 1 de xaneiro de 2024. As nenas e nenos integrantes de cada carroza irán acompañados por monitores que velarán pola súa seguridade.

No proceso de selección terán preferencia as inscricións de persoas empadroadas no Concello de Sada (realizarase unha comprobación de oficio no Padrón Municipal).

 

PRAZO:

Establécese un prazo de presentación de inscricións dende a publicación destas bases na web municipal ata as 14.00h do 21 de decembro.

 

INSCRICIÓN:

Poderá realizarse directamente a través do formulario de inscrición

 

PRAZAS:

O número de prazas dispoñibles establecerase segundo criterios de seguridade para os deseños das carrozas da Cabalgata 2024.

 

DISFRACE:

Os solicitantes seleccionados deberán participar cun disfrace relacionado co Nadal para aportar colorido ás carrozas.

 

SELECCIÓN:

O listado de solicitantes seleccionados publicarase a partir do 26 de decembro na OMIX e na páxina web municipal. Se houber un maior número de inscricións que prazas dispoñibles seguirase o seguinte procedemento:

Farase selección das inscricións por orde de idade, de menor a maior das/os solicitantes empadroadas/os en Sada, con preferencia para os/as solicitantes de menor idade.

Se tras realizar o proceso citado seguen quedando prazas, seleccionaranse as inscricións por orde de idade de menor a maior das/os solicitantes non empadroadas/os en Sada.

En caso de que seguindo a condicións anteriores houbera máis dunha solicitude con igualdade de dereito de acceso para a última praza dispoñible, realizarase un sorteo público na OMIX o día hábil seguinte ao de peche do prazo de inscrición.

 

LISTAXE DE AGARDA:

As persoas non seleccionadas formarán parte dunha lista de agarda e serán informadas en caso de que se rexistre algunha baixa.

 

ORGANIZACIÓN DA CABALGATA

As/os participantes acudirán acompañados dos adultos responsables á explanada da Lonxa de Sada, a tarde do 5 de xaneiro ás 17:30h.

  • - Os familiares acompañantes recibirán instrucións para a recollida dos seus nenos e nenas á finalización do percorrido da Cabalgata, hora aproximada ás 19:30 no exterior da Casa da Cultura.
  • - As rapazas e rapaces figurantes recibirán unha pulseira na que constará o seu nome e o teléfono de contacto da persoa responsable que firmou a autorización no formulario de inscrición.
  • - As e os participantes saberán con antelación en que carroza están asinados, a través dos listados publicados cos nomes das e dos admitidos.
  • - As monitoras e monitores contratados para salvagardar a seguridade nas carrozas encargaranse de recepcionar aos participantes de cada carroza.

 

CONFORMIDADE RECOLLIDA DE IMAXES E GRAVACIÓNS

Co obxectivo de difundir esta campaña en vindeiras convocatorias e tamén garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), recolleranse gravacións en vídeo e fotografías das persoas participantes na CABALGATA DE REIS 2024, as cales poderán ser empregadas como noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como na páxina web e RRSS do Concello de Sada.

Arquivado en