INSCRICIÓN PARA O SERVIZO DE COMEDOR DO CEIP SADA E CONTORNOS

08 / SEP / 2020

INSCRICIÓN PARA O SERVIZO DE COMEDOR DO CEIP SADA E CONTORNOS

Achegamos relación definitiva de solicitudes admitidas ás que se lles adxudica praza no comedor escolar do CEIP Sada y sus Contornos para o curso 2020/2021. 

08/09/2020 - SOLICITUDES ADMITIDAS NO COMEDOR ESCOLAR CEIP SADA E CONTORNOS CURSO 2020/2021 

Listaxe definitiva alumnado admitido comedor CEIP Sada e Contornos 20-21

Solicitudes en listaxe de agarda comedor escolar CEIP Sada e contornos curso 20-21

Impreso solicutude xeral de praza

Con motivo do comezo do curso escolar 2020/21 a Concellería de Educación e Deportes abriu o pasado mes de xuño o período de inscrición no servizo de comedor do CEIP “Sada y sus Contornos”, no que se ofertan 50 prazas para todas aquelas familias que se queiran ver beneficiadas polo servizo.

As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición e achegar a seguinte documentación:

  • Certificado Oficial de empresa, debidamente selado e asinado, do horario laboral desempeñado no posto de traballo (agás aqueles en situación de ERTE que deberan aportar a documentación acreditativa oportuna)
  • Documentación acreditativa do estado familiar excepcional (monoparental, numerosa…)
  • Documentación da última declaración da Renda ou documento acreditativo de non obrigatoriedade
  • Xustificante da conta bancaria debidamente selado pola entidade.

O prazo de entrega de toda esta documentación comeza o luns 15 de xuño do 2020 e remata o vindeiro venres 10 de xullo de 2020.  A documentación entregarase no rexistro de entrada do Concello, mediante cita previa ou chamando ao  981/620075, sito na planta baixa do mesmo, ou a través da sede electrónica

No caso de que existise maior demanda que prazas ofertadas, unha vez publicada a listaxe provisional de admitidos abrirase un prazo de reclamación de cinco días naturais. Transcorridos os mesmos e valoradas as alegacións publicarase a listaxe definitiva de admitidos no servizo de comedor para o curso 2020/21.

Prezo máximo do menú alumno x día = 3,50 €. Susceptible das distintas bonificacións as que se poda optar por parte da unidade familiar.

 

Arquivado en