IV CONCURSO ESCAPARATES DE MEDO 2023

03 / OUT / 2023

IV CONCURSO ESCAPARATES DE MEDO 2023

O Concello de Sada organiza unha serie de actividades programadas para celebrar o Samaín en colaboración co comercio local.

FOLLA DE PARTICIPACIÓN

BASES DE PARTICIPACIÓN

 

 A iniciativa pretende dinamizar o comercio local e dar a coñecer e poñer en valor a tradición do Samaín mediante xogos dirixidos á mocidade. Para este fin, os e as participantes terán que completar unha serie de probas relacionadas coa temática do samaín tradicional coa axuda das pistas agochadas entre os locais de comercio colaboradores. 

Serán dúas actividades enmarcadas no mesmo día 31 de octubro: unha xincana polos comercios de Sada e un concurso de escaparates coa temática propia do día de Difuntos ou Samaían.  A xincana está aberta á participación de todas as persoas que o desexen, especialmente pensado para a mocidade.

Poderán ser colaboradores todos os establecementos comerciais do municipio de Sada, calquera que sexa a a actividade que desenvolvan e que teñan escaparate con vistas ao exterior desde á rúa decorados coa temática propia do Samaín. 

Para ser participante da Xincana non será preciso preinscripción de ningún tipo. Terán efectos de participantes todos aqueles que acudan a Capela de San Roque en horario de 16.00 a 18.00 horas.

Os establecementos interesados en participar poderán incribirse cumprimentando o ANEXO I  e presentándoo en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, telemática ou presencialmente. A inscripción é gratuíta. O prazo para inscribirse será do 3 ata o día 13 de Octubro, venres.

NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Modalidade 1 (para idades recomendadas entre os 3 e os 7 anos as pistas son de imaxes e para idades entre os 8 ata os 12 anos, as pistas son alfabéticas) As persoas participantes da xincana deberán retirar un quebracabezas e unha tarxeta de pistas de participación na Capela de San Roque, en horario de 16:00  ata as 18:00 horas e ir seguindo as pistas ata completar o xogo. Unha vez completo, deberán presentalo na Capela onde facilitaráselles unha participación para o sorteo dos vales.

2. Modalidade 2 (para rapaces de 12 anos en adiante) Ruta das Adiviñas. Os participantes deberán respostar as adiviñas repartidas polos locais participantes e así obter os xustificantes correspondentes para canxealos na Capela de San Roque onde obterán unha participación para o sorteo dos vales.

3. Modalidade 3 (recomendada para maiores de 16 anos con telefono mobil, internet e scaner de códigos QR) Os participantes escanearán os códigos QR colocados nos escaparates dos locais participantes  para resolver as probas e obter os xustificantes correspondentes para canxealos na Capela de San Roque  por unha participación para o sorteo dos vales. 

Para incentivar á participación entre todas os cartóns debidamente cumplimentado sortearanse 3 Vales para gastar no comercio local no Nadal.  Os establecementos participantes deberán decorar os escaparates e ambientar os seus interiores dentro da temática do Samaín. Recibirán doces e caramelos para entregar aos participantes da xincana e serán os responsables de cuñar as tarxetas de participación e albergar as pistas para a súa cumplimentación.  Os responsables de cada local deberán enviar unha fotografía a turismo@sada.gal co seu escaparate unha vez decorado para a súa promoción en redes antes do venres 29 de outubro. 

Para incentivar a participación e a ambientación do evento repartiranse tres premios en metálico entre as mellores decoracións segundo criterio da Organización. Samaín en Galiza ten unha significación propia. Por iso valorarase positivamente a inclusión de elementos decorativos vinculados á recuperación do Samaín orixinal como poden ser as castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou outros animas nocturnos.  

A participación será por cada local, con independencia do número de escaparates dos que dispoña. O xurado estará formado por tres representantes do Concello e haberá Primeiro premio: 150€;  Segundo premio: 100€ e Terceiro premio: 50€
Premio dos Participantes: 3 vales para usar no comercio local de Sada particpante deste evento nas datas comprendidas entre o 5 e o 29 de Decembro do 2023 e valorados en 60€ cada un .

Arquivado en