VI TRAIL COSTA DOCE

09 / XUN / 2022

VI TRAIL COSTA DOCE

O Club de Atletismo Sada e o Concello de Sada organizan conxuntamento o VI TRAIL COSTA DOCE que terá lugar o sábado 11 e o domingo 12 de xuño do 2022 en Sada.

REGULAMENTO DO TRAIL COSTA DOCE

INSCRICIÓN EN LIÑA

A proba deportiva de este ano 2022  contará con catro variantes:

  • Trail nocturno: 14 km aprox., con +480 y -570 metros
  • Trail longo: 26 km aprox., con +1000 y -1000 metros
  • Trail curto: 14 km aprox., con +480 y -570 metros.
  • Andaina : 11 km aprox., con +330 y -440 metros.

Este ano como novidade se programa unha nova variante un Trail Nocturno, que terá lugar o sábado 11 de xuño cun límite de 350 dorsales.

O itinerario realizarase nun circuíto circular no trail longo e lineal nas outras categorías, que se desenvolve en terreo de monte prácticamente en todo o seu percorrido excepto nun tramo de 300 metros na parroquia de Carnoedo, que transcorren por asfalto, fundamentalmente en zonas peonís. En ocasións cruzaranse estradas e dispoñerase de persoal para regular o tráfico nos cruzamentos urbanos e nos rurais.

 

INSCRICIÓNS

As inscricións poderanse realizar na páxina web ChampionChip Norte (www.championchipnorte.com) a partir do día 25/03/22 ás 20:00 horas

O prezo da inscrición será:

Para o Trail Nocturno establecese un único prezo de 15€ para todas as prazas dispoñibles.

Para o Trail Longo e o Trail Curto os prezos variarán segundo o número de rexistrados (computan a suma do longo e o curto)

  • Os 300 primeiros inscritos: Longo 22 € - Curto 14 €
  • Do inscrito 301 ao inscrito 600: Longo 24 € - Curto 17 €
  • Do inscrito 601 en diante : Longo 27 € - Curto 20 €

COMBINADA. Establécese un prezo especial de 34 € para os inscritos nesta opción que consta de inscrición o Trail Nocturno e inscrición o Trail Longo. Os/as participantes nesta opción terán ademais un agasallo extra.

Para a Andaina 12 €

No trail nocturno hai un límite de inscritos de 350 participantes (computan tamén os inscritos na Combinada). Nos outros 2 trails e na andaina non existe límite de inscritos.

A organización reservarase un número de inscricións para os patrocinadores.

Último día de inscrición e pago será o 7 de Xuño do 2022.

 

PARTICIPACIÓN INCLUSIVA

  • Se vas participar e tes algunha discapacidade, comunícanolo á organización neste correo montana@clubatletismosada.com e adxunta o certificado de discapacidade e poñerémonos en contacto contigo

 

TRAIL NOCTURNO - Sábado 11 as 22:30

Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles a totalidade do percorrido.

A cronometraxe realizásese por medio de chip.

Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino, nas seguintes categorías do Trail:

  • - Absoluta
  • - Cadete (participantes de 15, 16 e 17 años)
  • - Senior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos)
  • - Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
  • - Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)

Os trofeos non serán acumulables.

A entrega de trofeos terá lugar ás 00:15 o mesmo día da proba

A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da súa proba. O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Sada Mariña, a 200 mts da meta. A hora de saída dos autobuses que conducirán aos participantes cara ao punto de saída concretarase coa debida antelación, e estes deberán presentarse alí debidamente identificados e á hora en punto. Non se demorará a saída do autobús por ningunha causa allea á organización.

A organización establecerá unha furgoneta como gardarroupa na zona da saída e esta baixará as bolsas a zona da Meta. As bolsas deberán ir debidamente identificadas co número de dorsal.

 

TRAIL LONGO  - Domingo 12 as 10:00

Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles a totalidade do percorrido.

A cronometraxe realizásese por medio de clip.

Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino, nas seguintes categorías do Trail:

  • - Absoluta
  • - Senior (participantes ata 39 anos cumpridos)
  • - Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
  • - Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)
  • Non se permite a participación de menores de 18 anos.

Os trofeos non serán acumulables.

A entrega de trofeos terá lugar ás 14:30 o mesmo día da proba.

 

TRAIL CURTO -  Domingo 12 as 11:30

Os corredores participan de maneira individual, debendo completar cada un deles a totalidade do percorrido.

A cronometraxe realizásese por medio de chip.

Entregarase un trofeo a cada un dos 3 primeiros clasificados, masculino e feminino, nas seguintes categorías do Trail:

  • - Absoluta
  • - Cadete (participantes de 15, 16 e 17 años)
  • - Senior (participantes de 18 a 39 anos cumpridos) - Veteran@ A (participantes de 40 a 49 anos cumpridos)
  • - Veteran@ B (participantes de 50 anos cumpridos, en diante)

Os trofeos non serán acumulables.

A entrega de trofeos terá lugar ás 14:30 o mesmo día da proba

A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da súa proba. O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Sada Mariña, a 200 mts da meta, tras dar saída á proba longa. Os corredores deberán presentarse alí debidamente identificados e á hora en punto. Non se demorará a saída do autobús por ningunha causa allea á organización.

A organización establecerá unha furgoneta como gardarroupa na zona da saída e esta baixará as bolsas a zona da Meta. As bolsas deberán ir debidamente identificadas co número de dorsal.

 

ANDAINA - Domingo 12 as 10:00

Os corredores participasen de maneira individual, debendo completar cada un deles a totalidade do percorrido.

Non é competitiva polo que non haberá premios

A organización facilitará o transporte dos participantes ata a zona de saída da súa proba. O autobús sairá da estación de autobuses situada enfronte ao Hotel Sada Mariña, a 200 mts da meta. A hora de saída dos autobuses que conducirán aos participantes cara ao punto de saída será as 9:30, e estes deberán presentarse alí debidamente identificados e á hora en punto. Non se demorará a saída do autobús por ningunha causa allea á organización.

 

PREMIO ESPECIAL A COMBINADA

Establécese un premio especial á primeira e o primeiro corredor/a Que participen no TRAIL NOCTURNO e no TRAIL LONGO e que na suma dos dous tempos fagan (computen) o menor tempo. Este premio está patrocinado por FS+ FisioSport

 

CORREMOS EN IGUALDADE!!!!

Enmarcada nas actividades de sensibilización para promoción da Igualdade do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero a Concellería de Benestar e Igualdade tamén colabora co Trail Costa Doce de Sada baixo o lema que lucirán voluntarios/as e corredores/as esta fin de semana en sus camisetas "Corremos en igualdade". Ademais amenizará o evento con varios grupos de gaiteiros/as. 

 

Regulamento completo aquí

Arquivado en