LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

07 / MAI / 2019

LETRAS GALEGAS 2019 EN SADA

O Concello de Sada programa diversos actos con motivo da celebración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas 2019, adicado este ano ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.

Sada 7 maio 2019.

O Concello de Sada programa a partir do xoves 9 de maio conferencias, presentación de libros, encontro con escritores, concertos e unha obra teatral co famoso dúo Mofa e Befa.

Martes, 7 de maio:

-Presentación do libro de Ricardo Seixo Versos Noctámbulos, con actuación do grupo de música tradicional Maraxe na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo. Organiza: AC Irmáns Suárez Picallo (19:30-20:30 h). Entrada libre ata completar aforo.

Xoves, 9 de maio:

-Conferencia “Desmontando os prexuízos e as mentiras contra a lingua galega”, de A Mesa pola Normalización Lingüística (19:30-20:30 h). Entrada libre ata completar aforo.

Venres, 10 de maio:

Club de lectura Recacheira: Encontro con Manuel B. Dans, autor do libro "Historias de neofalantes: a aventura de vivermos en galego" (19:00-20:45 h). Entrada libre ata completar aforo.

Xoves 16 de maio

-Aprende a ler con Nora (EN GALEGO!) 17.00-19:00 na Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo

Obradoiro de lectura asistida con Cans. para nenas/os de 5 a 11 anos. Prazas limitadas. Información e inscrición na Biblioteca Municipal

-Concerto de SÉS. Ás 22:00 horas na Carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo.

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galicia, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido. Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. SÉS presenta en Sada o seu traballo FESTA.

Venres 17 de maio:

- Concerto da Banda Municipal de Música de Sada. Casa da Cultura Pintor Lloréns 12:00 

A Banda Municipal de Música de Sada programa un concerto especial polo Día das Letras onde mesturarán temas do repertorio tradicional galego con cancións do repretorio de Pucho Boedo e Los Tamara interpretadas por cantantes de grupos locais.

Repertorio: Alborada Galega - Camiños da fin da Terra - Brincadeira - Fantasía sobre tres temas galegos - Unha noite na eira do trigo (con cantante) - Muiñeira dos pendellos - A outra nai(Cantante) - Negra Sombra (Cantante) - Himno Galego

- Gala das Letras. Capela de San Roque. 19:00 

A Asociación Irmáns Suárez picallo falara do caderno que sacan con motivo das Letras sobre Antón Fraguas e presentaran un pouco doutras  publicacións que fan. Pola sua parte a Asociación Cultural A Meda interpretará unhas pezas tradicionais de gaita e pandeireta ataviados con  traxes tradicionais, tema de investigación etnográfica  de Antón Fraguas. Tamén leeranse pequenos fragmentos sobre este autor e un visionado dun pequeno vídeo con traballo etnográfico realizado pola nosa asociación. Así mesmo doutros visionado de vídeos relacionados con tema.

- Mofa e Befa presentan “Cranios Privilexiados”. Casa da Cultura - 21:00 - A partir de 13 anos . Entrada gratuita. Aforo limitado. 

Espectáculo teatral de Mofa & Befa (Producións Teatrais Excéntricas) - Elenco: Josito Porto e Víctor Mosqueira

O dúo cómico Mofa e Befa (Josito Porto e Víctor Mosqueira) enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana. 

De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida desde hai dous mil quiñentos anos polo enigmático e farfallado nome de “filosofía”?

O diálogo filosófico, xénero referencial do espectáculo, vai fornecer toda unha galería de personaxes susceptíbeis de ser conxurados sobre o palco por Mofa e Befa, desde filósofos históricos, como Sócrates, Pitágoras, Kant ou Nietzsche, até filósofos totalmente descoñecidos, como Polemón, o máis grande filósofo galego de todos os tempos, e que curiosamente é o pai de Mofa & Befa.

Sábado 18 de maio: Día da Troula

Dentro  dos actos do Día das Letras Galegas celébrase en Sada a terceira edición do Día da Troula. Este ano lembrarase a Ricardo Flores, un veciño sadense emigrado a Arxentina a finais dos anos vinte. Alí desenvolveu unha longa actividade cultural, entre outras, adicou moito tempo á música deixándonos como legado unha importante cantidade de melodías tanto populares como propias. Como adianto ao evento, o 16 de maio farase un acto-presentación en homenaxe a Ricardo Flores, no Hotel Alda Marina de Sada onde lembrarase a súa vida e actividade, facendo honra e palabra da súa dedicación pola cultura.

O 18 de maio comezará con “Cantos polos Bares”, cando os locais hosteleiros de Sada abran as súas portas aos cantos tradicionais da nosa terra, ás 12:30 da mañá, onde poderanse escoitar as actuacións musicais dos seguintes grupos:

Airiños do Eume, A fonte de Merlán, Airiños da Bandoxa, Os do fondo da barra, No Combaro, Cantares dos Pendellos, O son do río, Viute o demo, Os folieiros, Os Rebentos da Crunha, Muiñeiros do Sarela, Os feroces da Galgueira, Alén do mar, Ponte ó rejo

Seguido dos cantos de taberna, ás 18:00 h, pola tarde, abrirase a primeira parte da Foliada Popular ao son das gaitas na Praza Irmáns Suárez Picallo. Ás 19:30 h desfrutaremos do concerto de “A música de Cecebre” e ás 21:00 de “Os Carunchos”, para continuar coa segunda parte da Foliada Popular do Día da Troula ás 22:30.

Venres 24 de maio:

Brinca Vai! - Espectáculo musical baseado no libro-Cd de Paco Nogueiras. Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo de 18:30 a 19:30. A partir de 4 anos. Prazas limitadas. Información e inscrición na Biblioteca Municipal

 

 

Arquivado en