Libertad de ser e sentir

21 / XUN / 2021

Libertad de ser e sentir

O Concello de Sada, a través da Concellería de Benestar e Igualdade, está presente na campaña da Deputación “Liberdade de Ser e Sentir” que ao longo do mes de xuño conmemora o día do Orgullo LGTBQI+.

Co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero, difundiranse diversos contidos a través da plataforma dixital  que se compaxinarán con xornadas no Pazo de Mariñán, proxeccións e conversas na biblioteca provincial.

Programación:

11, 15 e 22 de xuño: Pílulas informativas para achegarnos a conceptos arredor das diversidades sexuais coa participación de A Rabela, Daniel Amarela e Xácia Ceive.

Ao longo de todo o mes:

  • Recursos e materiais didácticos elaborados por Arelas.
  • Vídeos de presentación de diversos colectivos LGTB.
  • Xogo didáctico interactivo .
  • Difusión da serie web “SEX”.
Programación completa

Arquivado en