LICITACIÓN PARA A INSTALACIÓN DUN SERVIZO DE RESTAURACIÓN NA VI FEIRA MODERNISTA DE SADA

14 / XUL / 2017

LICITACIÓN PARA A INSTALACIÓN DUN SERVIZO DE RESTAURACIÓN NA VI FEIRA MODERNISTA DE SADA

O obxecto desta licitación é o da autorización de uso común especial da vía pública para instalación dun servizo de snack-bar durante a celebración da VI Feira Modernista, entre os días 28 e 30 de xullo de 2017 no Paseo Marítimo, á altura do edificio modernista “La Terraza”.

Esta oferta deriva da necesidade de obter financiamento para as diferentes actividades que integran a programación da VI Feira Modernista.

A snack-bar situarase de tal forma que permita conectar os espazos do mercado modernista e a zona do escenario principal da Feira Modernista. Deberá instalarse pequena carpa/pérgola dun máximo de 10x5 mts. para acoller a instalación de mostrador e pequena cociña provisional. Disporá dun espazo duns 100 m2 para ofrecer un servizo de “terraza”, que deberá recrear co mobiliario e cos posibles elementos decorativos o estilo da época que rememora esta feira. A instalación acondicionarase con toma de auga e da conexión á potencia eléctrica necesaria para poder realizar a explotación. 

O prazo de presentación de ofertas remata o venres 21 de xullo

Arquivado en