LUIS ZAMORA FOTÓGRAFO HISTÓRICO

03 / FEB / 2025

LUIS ZAMORA FOTÓGRAFO HISTÓRICO

A CONCELLERÍA DE CULTURA PROGRAMA DO 3 AO 26 DE FEBREIRO UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE LUIS ZAMORA NA CASA DA CUTLURA PINTOR LLORÉNS

Xurxo Lobato explica a importancia de “difundir a historia da fotografía galega”, concretamente “a de un fotógrafo como Luis Zamora, que non é moi coñecido, polo que é fundamental visibilizalo e divulgar a súa obra; que representa un elemento máis da nosa creatividade e da historia das artes en Galicia”. 

Pola súa parte, Natividade González referiuse a Luis Zamora como “un fotógrafo cunha mirada auténtica que segue a iluminar cada imaxe que capturou, e cun legado que merece ser celebrado, por iso o recoñecemos como Fotógrafo histórico do 18º Premio Luís Ksado”. “Un legado”, engadiu, “que temos a obriga de preservar para as xeracións que veñen, pois a obra de Zamora forma parte xa da memoria colectiva dun país e é herdanza que revela a esencia mesma de Galicia”. “Celebremos, pois, a Luis Zamora e gocemos da súa obra; nesta ocasión, grazas ao traballo e ao compromiso do Servizo de Acción Cultural da Deputación e de Xurxo Lobato, o comisario e promotor de todas as actividades do premio Luís Ksado” concluíu a deputada.

En Sada poderase contemplar a exposición de LUIS ZAMORA do 3 ao 26 de febreiro na Casa da Cultura 

Arquivado en