Xoubiñas, Tartarugas e Touliñas son os grupos dos cursos de natación divididos por idades nos que se atenderan ademais a nenos con necesidades especiais grazas a colaboracion de Cruz Vermella.
INFORMACIÓN CURSOS E ABONOS DA PISCINA MUNICIPAL
Dentro dos obxetivos que a concellería de Deporte pretendía, dende a súa apertura, era reactivar a piscina municipal dotandoa de actividades, fomentando un dos deportes mais completos e engadindo como novidade a iniciación en técnicas de salvamento dunha forma lúdica coa que se pretende dinamizar dita actividade.
Máis de 300 nenos e nenas sadenses inscribíronse nos distintos cursos ofertados pola concellería de Deportes. Xoubiñas, tartarugas e touliñas son os grupos divididos por idades nos que se atenderan ademais a nenos con necesidades especiais grazas a colaboracion de Cruz Vermella.
Por outra banda arrancan tamén as actividades dirixidas para adultos abonados, compromiso que adquiriu a concelleira de Deporte, Rebeca Mouriño, para impulsar a instalación. Pilates, Aquagym, Zumba, En Forma +, GAP, Strong, Ioga e Tono serán as distintas disciplinas fitness ás que poderán apuntarse a veciñanza de Sada que se impartirán nas instalación da piscina municipal.
“Estamos a mellorar o servizo, programando novas actividades e cursos de natación para os máis cativos, pero tamén xa iniciamos os arranxos da zona wellness, concretamente no jacuzzi e na sauna para que podan estar operativos nas vindeiras semanas”, sinala Mouriño.
A concelleira entende tamén que a instalación necesita modernizarse esta a levar a cabo una cambio de aspecto das instalacións logo da atropellada apertura onde non primaba a operatividade nin as comodidades para os usuarios. “Estamos a cambiar a imaxe das instalacións e ofrecer unha maior comodidade tanto aos usuarios como aos familiares dos nenos que veñan aos cursos”.