Máis de 500 personas inscritas na III Carreira Nocturna de Sada que se celebrará o venres 15 de decembro

01 / DEC / 2017

Máis de 500 personas inscritas na III Carreira Nocturna de Sada que se celebrará o venres 15 de decembro

-A carreira terá un fin benéfico entregando a organización o recaudado polas inscricións ás organizacións Cruz Vermella Sada e Cáritas Sada

Sada 13 decembro 2017

O Club Atletismo Sada e a concellería de deportes do Concello de Sada organizan a III Carreira Nocturna de Nadal que terá lugar o 15 de decembro a partir das 19:00 horas con salida na zona de As Brañas.

Pechadas no día de onte as inscricións máis de 500 persoas participarán nesta proba que vai camino de converterse en tradicional na época de  Nadal en Sada.

Desde a organización sinalan que o obxetivo desta carreira é “dar a coñecer e realzar un fermoso percorrido nocturno polas rúas iluminadas do centro urbano de Sada pero máis importante tamén é colaborar coas organizacións Cruz Vermella e Cáritas ás que se entregarán a recaudación obtida”.

Coas inscricións pechadas participarán na carreira 179 persoas na categoría de nenos e nenas, 4 en categoría adaptada para nenos e nenas, 20 en categoría adaptada adultos e 308 en categoría absoluta.

Na carreira divídense as categorías desde nados en 2017 ata master de 46 anos en adiante. Ademáis de establecer apartados de carreiras adaptadas para nenos e nenas, adultos e handbike desde 2002 en adiante.

Premios

Haberá medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría. Tras a conclusión das carreiras dos nenos farase entrega das medallas de ditas categorías. E terminada a de adultos, farase entrega das medallas destes e das de Handbike.

A organización pon a disposición dos participantes vestiarios debidamente sinalizados nas instalaciones do campo de fútbol As Mariñas-Andrés Pena.

Arquivado en