Mañá remata o prazo para presentar os selfies de Sada Lee

28 / ABR / 2016

Mañá remata o prazo para presentar os selfies de Sada Lee

-As bases da actividade sinalan que na categoría de selfies cos personaxes literarios que estiveron polas rúas de Sada o pasado 23 de abril, Día do Libro, poderanse presentar un máximo de catro fotos, unha por personaxe á dirección omixsada@gmail.com até o 29 de abril.

- As fotografías presentadas deberán achegar unha frase, non superior a vinte palabras, na que resuman o que signifique a lectura nas súas vidas e tomando como referencia o lema deste concurso municipal “Sada Lee”.

Sada, 28 de abril

A Concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, anima aos participantes na actividade Sada Lee, que tivo lugar o pasado 23 de abril coincidindo co Día do Libro, a enviar á dirección electrónica da Oficina Municipal de Información Xuvenil os selfies realizados cos personaxes da actividade que estiveron polas rúas de Sada para teren a oportunidade de gañar un libro electrónico e un lote de libros infantís.

Os nenos e nenas de Sada gozaron o pasado sábado dunha actividade que xuntou a lectura cunha pequena procura de personaxes da literatura infantil e xuvenil como son Pinocho, Caperuchiña, Don Quixote e Dorothy. O catro personaxes estiveron repartidos polas diferentes rúas de Sada con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. "Foi unha iniciativa, indica Bolaño, levada a cabo desde a concellaría e os colexios e que o sábado reuniu nas rúas de Sada aos personaxes dos libros cos que se traballou toda a semana".

A actividade mesturou unha pequena actividade de procura, que os máis pequenos puideron realizar cos seus pais e nais, e unha vez que atopaban os personaxes lían con eles e elas un fragmento da historia que representaban, ou se facían un selfie que agora poden presentar ao concurso que organiza a concellaría.

As bases da actividade sinalan que na categoría de selfies cos personaxes literarios que estiveron polas rúas de Sada o pasado 23 de abril, Día do Libro, poderanse presentar un máximo de catro fotos, unha por personaxe, á dirección  omixsada@gmail.com até  o 29 de abril.

As fotografías presentadas deberán achegar unha frase, non superior a vinte palabras, na que resuman o que signifique a lectura nas súas vidas e tomando como referencia o lema deste concurso municipal “Sada Lee”.

"A lectura e a cultura en xeral non deben reducirse ao ámbito educativo é preciso levalas e achegalas á rúa" indicaba a concelleira quen ademáis declaraba que "un goberno que non coida a cultura e un goberno que non quere aos seus pais".

Arquivado en