O Club Ciclista Sada e o Concello de Sada organizan o domingo 3 de decembro a MARCHA SOLIDARIA SOBRE RODAS que terá saída ás 11:30 horas dende a Praza Irmáns Suárez Picallo.
Poderan participar todas as persoas interesadas en bicicleta, patíns, monopatín ou cadeira de rodas
Inscricións limitadas a 250 participantes.
No momento da inscrición haberá que facer una doazón de alimentos non perecedoiros a prol da Cruz Vermella de Sada. Tamén pódese facer unha doazón aínda que non se participe na marcha.
Inscricións anticipadas os dáis 27, 28, 29 e 30 de novembro na Cruz Vermella Sada (de 16:00 a 18:00 horas) ou na Sociedad Recreativa, Cultural y Deportiva de Sada (de 17:00 a 20:00 horas). Tamén te podes inscribir o mes mo día da marcha na carpa da organización a partir das 10:30 horas.
Ao final da marcha haberá un circuito de habilidade para os participantes máis novos (de 5 a 11 anos) con entrega de medallas para todos. Tamén un sorteo xeral de 50 camisetas conmemorativas.
Colabora: Cruz Vermella, Asoaciación Irmáns Suárez Picallo, Sada Patín, CAS, Sociedad Recreativa, Cultura y Deportiva de Sada