Marquesina en aparcadoiro e rampas entrada Centro Saúde de Sada

12 / SEP / 2017

Marquesina en aparcadoiro e rampas entrada Centro Saúde de Sada

Obra a licitar: Marquesina en aparcadoiro e rampas entrada Centro Saúde de Sada

Importe: 14.412,72€ sen IVE

Presentación de ofertas: Rexistro xeral do Concello de Sada.- Avda. da Mariña nº 25-Sada 

Data límite presentación de ofertas: 19/09/2017 13:00. Horario do rexistro (Luns a Venres): Mañán: 09:00  a  13:30 

 
O presente Proxecto Básico e por encargo da concellería de Educación, Xuventude e Saúde do Concello de Sada, e ten por obxecto a execución dunha marquesiña no Centro de Saúde en Sada.
 
O proxecto de construción do Centro de Saúde de Sada data do ano 1990, en anos posteriores construíuse unha rampla de acceso á entrada de Urxencias, no alzado lateral esquerdo. Encostado a esta rampla atópase o aparcadoiro para as ambulancias.
 
Así as dúas entradas ao público, a de Urxencias e a Principal, efectúanse a través de ramplas que se atopan sen cubrir. Provocando este feito que tanto os usuarios como os enfermos que chegan ao centro en ambulancia teñan que soportar as inclemencias meteorolóxicas antes de poder entrar no Centro de Saúde. Esta circunstancia é especialmente preocupante nos meses invernais onde a climatoloxía sadense presenta abundantes precipitacións.
 
Para resolver esta problemática exponse o presente proxecto de construción dunha marquesiña que cubra o aparcadoiro de ambulancias e as dúas ramplas de acceso ás entradas ao público, a de urxencias e a principal, conseguindo así a protección fronte aos axentes atmosféricos dos usuarios do centro sanitario nos traslados entre as ambulancias e o edificio e ás entradas ao mesmo.

Arquivado en