MATRÍCULA CURSO 2024-2025 EIM FLORA RAMOS

01 / ENE / 2025

MATRÍCULA CURSO 2024-2025 EIM FLORA RAMOS

17/02/2025 - Aprobación de acordos da Convocatoria da Comisión de Baremación da EIM Flora Ramos (2024/2025). De conformidade co contido da acta da comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal Florita Ramos celebrada o 12 de febreiro de 2.025

 

23/01/2025 - De conformidade co contido da acta da comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal Florita Ramos celebrada o 20 de xaneiro de 2.025. De conformidade co Regulamento da Escola Infantil vixente aprobado polo pleno o 28-6-2012 (BOP no185 de 27/09/2012) e o Baremo da Xunta de Galicia de 23-2-15 (Doga No36) resólvese o seguinte:

 

16/12/2024 - Convocatoria Plazas Escuela Infantil Municipal CURSO 2024-2025). Vista a acta da comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal Florita Ramos celebrada o 27 de agosto, aprobada por Decreto de Alcaldía nº1620/2024 de 29/08/2024, na que á vista do elevado número de vacantes acordouse a apertura dun prazo extraordinario de solicitude de praza no mes de Decembro

 

22/10/2024 - Aprobación Listas definitivas EIM FLORA RAMOS(2024/2025). De conformidade co contido da acta da comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal Florita Ramos celebrada o 16 de outubro de 2024.

 

30/08/2024 - A Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal Flora Ramos de 27 de agosto publica as listaxes provisionais de admitidos para os grupos 1-2 anos e 2-3 anos, habendo resultando admitidos todos os solicitantes para estes dous grupos, permitíndose a incorporación do alumnado, unha vez formalizada matrícula no impreso Anexo IV coa documentación requirida no mesmo, dende o día 3 de setembro e unicamente no caso de non formular reclamacións dentro do período concedido.

 

12/08/2024 - Modificación nas listas de adimitidos na Escola Infantil Municipal Flora Ramos. Curso 2024/25

 

24/07/2024 - LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDAS/OS

Unha vez aprobadas as listaxes de admitidas/os na E.I.M. Flora Ramos e dado que existen prazas vacantes ábrese prazo extra de solicitude do 1 ao 9 de agosto.

 

 

18/06/2024 - LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDAS/OS E MODELO FORMALIZACIÓN MATRÍCULA

Período matriculación 19 de XUÑO a 2 de XULLO (ambos incluidos) con impreso normalizado de uso obligatorio. Inicio do curso: 3 de setembro. Reunión informativa cos tutores: 2 de setembro ás 6 da tarde.

 

24/05/2024 - LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDAS/OS

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

De conformidade co contido do Regulamento Vixente de funcionamento da E.I Municipal aprobado polo pleno o 28-6-2012 (BOP 20/07/2012), e a tamén vixente ordenanza Fiscal da Escola Infantil (BOP de 11/12/2020). A alcaldía do Concello de Sada acorda a apertura do prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal Flora Ramos, así como o prazo para a solicitude de Renovación dos alumnos con praza no curso actual para o vindeiro curso 2024/2025. Dito prazo abranguerá dende o luns 1 de abril ata o venres 19 de abril, ámbolos dous inclusive

Achéganse as solicitudes que se deberán presentar: 

ANEXO II- PARA SOLICITUDES INICIAIS
ANEXO III Y IIIA- PARA RENOVACIÓNS DE RLAZAS
ANEXO IIIB- SI NO ANEXO IIIA MÁRCASE QUE HOUBO CAMBIOS RESPECTO AO PRESENTE CURSO NA SITUACION SOCIOFAMILIAR.
 

Convocatoria Plazas Escuela Infantil Municipal CURSO 2024-2025

ANEXO II - SOLICITUDE DE INGRESO NA EIM FLORA RAMOS "FLORITA"

ANEXO III - SOLICITUDE RENOVACIÓN NA EIM FLORA RAMOS “FLORITA”

ANEXO IIIA RENOVACION DECLARACION RESPONSABLE

ANEXO III-B CURSO 2024-2025 ANEXO DECLARACION  DE VARIACION DA SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR

 

Calquera dúbida resolverase nas oficinas de servizos sociais en horario de 9 a 2 de luns a venres,

Info no correo electrónico servizos.sociais@sada.gal ou no teléfono 981620567

 

Arquivado en