Matrícula escola infantil 'Flora Ramos' curso 2021-2022
Prazo extraordinario de matriculación en tanto no se cubran vacantes.
-
A Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal Florita Ramos aprobou en reunión de 11 de novembro de 2021 a listaxe provisional de novos/as admitidos/as para os grupos 2020 e 2021.
A listaxe estará dispoñible no taboleiro de anuncios do Concello de Sada e da Escola Infantil Municipal.
Infórmase tamén da apertura do prazo de reclamación durante 10 días hábiles do día 17 ao 30 de novembro.
A publicación da listaxe definitiva será o día 1 de decembro: os nenos admitidos na listaxe definitiva terán 15 días para formalizar a matrícula, haberá horarios de adaptación para as nenas e nenos de nova incorporación. Tras a formalización poderán empezar a asistir a partir do día 2 de decembro.
Anúnciase ademais a apertura dun prazo extraordinario para cubrir prazas vacantes nos grupos de 2019 e 2020: 7 prazas para nacidos/as no ano 2019 e 21 prazas de nacidos/as no 2020 durante todo o mes de Decembro.
Prazo matriculación e renovación do 23 de marzo ao 23 de abril ambos incluidos.
- A matrícula poderase facer a través do rexistro telemático e tamén no rexistro presencial pedindo cita no 981620075 ou a través do formulario web
- Solicitude de renovación na E.I.M. de Sada Flora Ramos “Florita” 21-22
- Solicitude novo ingreso 21-22