-
ABERTO PRAZO EXTRAORDINARIO DE SOLICITUDE DE PRAZA DO 8 AO 14 DE SETEMBRO (ambos os dous incluídos) PARA OS GRUPOS DE 1-2 ANOS E 2-3 ANOS
Deberán achegar xunto co modelo de SOLICITUDE DE NOVO INGRESO a documentación obrigatoria que figura no impreso.
Posteriormente o prazo para formalizar a matrícula para os/as nenos/as que sexan admitidos/as será do 19 ao 23 de setembro.
Máis información na escola e/ou nos servizos sociais municipais.
-
DATA COMENZO CURSO: 5 DE SETEMBRO DO 2022
DATA REUNIÓN COAS FAMILIAS: 2 DE SETEMBRO DO 2022 AS 18.00h.
- 13/06/2022 - AVISO IMPORTANTE MATRICULACIÓN
-
Anuncio de publicación no TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO DE SADA E DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL do Listado de admitidos/as para o curso 22-23 na Escola Infantil Flora Ramos con praza garantida, tras o período de reclamacións.
Antes do inicio de curso anunciarase o período de formalización de matrícula unha vez se resolvan os trámites necesarios e a espera da publicación por parte da Xunta da orde de subvención que recolle a gratuidade da atención educativa das escolas infantís para o curso 22-23.
- 24/05/2022 - AVISO MATRICULACIÓN
-
Todas as solicitudes e renovacións de praza da Escola Infantil Flora Ramos foron admitidas.
As listas provisionais poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello e da Escola Infantil incluíndo os datos de servizos complementarios e horarios solicitados.
Os/as solicitantes que o desexen poderán efectuar as reclamacións que estimen oportunas á relación provisional no prazo de 10 días hábiles.
- ANEXO IV formalización matrícula
- ANEXO II SOLICITUDE NOVO INGRESO EIM FLORITA CURSO 2022-2023
- ANEXO III SOLICITUDE RENOVACION EIM FLORA RAMOS. FLORITA 2022-23
- ANEXO V MODELO DE SOLICITUDE DE BAIXA EIM FLORA RAMOS FLORITA 2022-23
- MODELO DOMICILIACIÓN BANCARIA PARA FORMALIZACIÓN
- MODELO SOLICITUDE VACACIONS
- PERMISO DE TRATAMENTO PROTECCION DE DATOS .
- A matrícula poderase facer a través do rexistro telemático e tamén no rexistro presencial do Concello de Sada