Matrícula escola infantil Flora Ramos curso 2023-2024

20 / MAR / 2024

Matrícula escola infantil 'Flora Ramos' curso 2023-2024


Apertura do prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal Flora Ramos, así como o prazo para a solicitude de Renovación dos alumnos con praza no curso actual para o vindeiro curso 2023/2024.

Dito prazo abranguerá dende o luns 27 de marzo ata o mércores 12 de abril, ámbolos dous inclusive.

Para a solicitude de novo ingreso deberase presentar Anexo II xunto coa documentación que se indica no propio formulario segundo as situacións a justificar para ser tidas a conta á hora de Baremar.

Para a solicitude de renovación da praza: Presentar Anexo III coa documentación que se indica no propio formulario (Renda 2021 ou certificado bases impoñibles e Anexo IIIA  coa opción que proceda).

O Anexo IIIB só será necesario presentalo xunto coa súa documentación xustificativa soamente no caso de que se indicou no Anexo II.