BASES QUE RIGEN EL PROCESO DE ADMISIÓN Y MATRICULACION EN LA ESCUELA MUNICIPAL DE MUSICA DE SADA curso 2024-2025
23/09/2024 - LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN LOGO DO PRAZO EXTRAORDINARIO DO ALUMNADO NA EMM CURSO 2024-2025
PRAZO EXTRAORDINARIO DE MATRICULACIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO
O prazo para presentar as solicitudes no rexistro municipal será do 9 ao 13 de setembro (inclusive).O impreso de solicitude de praza presentarse no rexistro municipal ben sexa presencialmente ou en sede electrónica.
O alumnado de novo ingreso deberá agardar á publicación da listaxe de admitidos e de agarda na web municipal unha vez finalice o prazo.
04/09/2024 - SOLICITUDE NOVO INGRESO EMMS. PRAZO EXTRAORDINARIO
04/09/2024 - OFERTA DE PRAZAS DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO. CURSO 2024-2025
LISTAXES DE ALUMNADO ADMITIDO LOGO DO PRAZO DE MATRICULACIÓN
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO DE NOVO INGRESO. CURSO 24-25
LISTAXE DE ALUMNADO DE RENOVACION ADMITIDO NA ESCOLA DE MUSICA. CURSO 24-25
HORARIOS
HORARIOS ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA DE SADA CURSO 2024-2025
CURSO 2024-2025
Artigo 1º.-Requisitos e condicións das persoas solicitantes.
- Estar empadroado/a no concello de Sada.
- Ter 5 anos cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2025.
- Só se poderá cursar unha especialidade instrumental preferente. Excepto na especialidade de CANTO que poderá compaxinarse con calquer outra especialidade instrumental.
- Non ter recibos pendentes de pago de cursos anteriores. En caso de dúbida, habilítase o seguinte correo electrónico para as familias para a consulta: recadacion@sada.gal
Artigo 2º.-Presentación de solicitudes para o alumnado de RENOVACION de matrícula
- - Do 1 ao 11 de xuño
- - A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente no rexistro municipal de forma presencial ou a través da sede electrónica
- - O impreso de renovación de matrícula estará a disposición das familias na web municipal a partires do 1 de xuño
- - O alumnado de renovación que non formalice a matrícula dentro do prazo establecido, causará baixa automáticamente para o curso 2024-2025.
- - O alumnado que pertenza á Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberá cubrir necesariamente o impreso de matrícula, indicando na casilla correspondente a que formación pertence.
Artigo 3º.-Presentación de solicitudes para o alumnado de NOVO INGRESO
- - Do 1 ao 11 de xuño.
- - A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente no rexistro municipal de forma presencial ou a través da sede electrónica
- - O impreso de solicitude do alumnado de novo ingreso estará a disposición das familias na web municipal a partires do 1 de xuño.
- Os impresos de renovación da matrícula como os de novo ingreso poderán descargarse na páxina web do concello www.sada.gal, solicitalos na Casa da Cultura ou no Rexistro Municipal (de luns a venres en horario de 9 a 14 h).
Artigo 4º.-Proceso de admisión
- - Adxudicación directa para o alumnado de renovación de matricula que realice o pagamento no periodo establecido entre o 1 e o 11 de xuño. O alumnado deberá realizar o pago mediante CARTA DE PAGAMENTO que se poderá tramitar na oficina virtual tributaria do concello: https://ovtsada.dacoruna.gal/ga/150757/ASADA/tasas ou ben se facilitará nas dependencias de recadación municipal.
- - O alumnado de novo ingreso deberá agardar á publicación da listaxe de admitidos e de agarda que será publicada na web municipal o martes 18 de xuño. De obter praza, o pagamento será do 19 ao 26 de xuño de igual forma que o alumnado de renovación.
- - Os/as solicitantes que non obteñan praza, permaneceran en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan producir du-rante os tres primeiros meses do curso lectivo.
- - Por razóns didácticas, non se admitirá novo alumnado dende o 1 de Xaneiro do 2025
- - Os/as solicitantes que non obteñan praza nas suas especialidades instrumentais preferentes, poderán adxudicarselles prazas vacantes doutros instrumentos (mediante sorteo) ou poderán permanecer en listaxe de agarda para cubrir posibles baixas que se poidan produ-cir durante os tres primeiros meses do curso lectivo.
Artigo 5º.- Cotas de pagamento
As taxas por prestación dos servizos de ensino na escola municipal de música son os seguintes:
1.- Tarifa xeral.
- Matrícula anual, 30 euros.
- Cotas mensuais:
- Música e Movemento/iniciación, 12 euros.
- Música e Movemento/formación básica, 15 euros.
- Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical, 30 euros.
- Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical, 20 euros.
2.- Membros de familia numerosa de categoría xeral.
- Matrícula anual, 20 euros.
- Cotas mensuais:
- Música e Movemento/iniciación, 10 euros.
- Música e Movemento/formación básica, 12 euros.
- Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical, 25 euros.
- Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical, 15 euros
3.- Membros de familia numerosa de categoría especial.
- Matrícula anual, 15 euros.
- Cotas mensuais:
- Música e Movemento/iniciación, 8 euros.
- Música e Movemento/formación básica, 10 euros.
- Guitarra, Violín ou Piano, mais linguaxe musical, 20 euros.
- Resto de especialidades instrumentais, mais linguaxe musical, 12 euros
Habilítase o seguinte correo electrónico para as familias para aclaración de dúbidas en canto ao novo pagamento na Oficina Virtual Tributaria do concello de Sada.: recadacion@sada.gal
Artigo 6º.- Tramitación da baixa na escola de música
- - O alumnado con praza que decida causar baixa no curso 2024-2025 deberá OBRIGATORIAMENTE tramitar a baixa no rexistro municipal tal e como fixo cando solicitou praza ao inicio do curso. No se considerará unha baixa formal a notificación verbal ao pro-fesorado que en ningún caso terá a responsabilidade de tramitar a renuncia do alumnado.
- - A solicitude da baixa entre os días 1 e 15 (inclusive) de cada mes implica a renuncia do alumno/a no mes seguinte ao da tramitación da solicitude.
- - A solicitude da baixa entre os días 16 e 31 (inclusive) de cada mes implica que o alumnado deberá OBRIGATORIAMENTE aboar o mes seguinte no que solicitou a baixa sendo a tramitación efectiva de baixa no mes posterior.
Artigo 7º.- Prazo extraordinario de matriculación
- - No caso de non cubrir todas as prazas ofertadas pola Escola Municipal de Música de Sada, abrirase un prazo extraordinario de ma-triculación entre os días 9 e 13 de setembro.
- - O anuncio das prazas vacantes será anunciado na web municipal o día 4 de setembro.