26 / MAR / 2021
O 24 de marzo abre o prazo para solicitar praza para o próximo curso 2021-2022, o prazo abrangue dende o 24 de marzo ata o 12 de abril ambos incluídos.
Adxuntamos a Resolución publicada no DOG e os impresos que se precisan para solicitar a praza que se pode facer por vía telemática a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Para presentar a solicitude físicamente será na escola con cita previa (981 624 001)
O prazo de matrícula abrangue dende o 1 ao 10 de xuño e pode facerse presencialmente na escola con cita previa ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- 31705/2021 - RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os e da lista de agarda para o curso 2021/22 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade.
- 31/05/2021 - Listaxe definitica Galiña Azul Sada Curso 2021-2022
- RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2021/22 (códigos de procedemento BS404A e BS404B).
- ANEXO 1 - NOVO INGRESO EN ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR
- ANEXO 2 - COMPROBACIÓN DE DATOS DO/DA CÓNXUXE, PARELLA OU OUTROS MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR
- ANEXO 3 - OPCIÓN Á AXUDA DE BONO CONCILIA
- ANEXO 4 - AUTORIZACIÓN PARA A PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE PRAZA