Medidas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 na xornada electoral do 12 de xullo

03 / XUN / 2020

Medidas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 na xornada electoral do 12 de xullo

Protocolo da Xunta de Galicia polo que se establecen as medidas preventivas en materia de saúde pública fronte ao COVID-19 para o desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo de 2020

Descargar protocolo

O obxectivo fundamental deste protocolo é que todas as actuacións vinculadas ao desenvolvemento da xornada electoral se realicen seguindo estritamente as recomendacións das autoridades sanitarias, establecendo as medidas preventivas que se deberán adoptar para tal fin e dándolles a necesaria publicidade que garanta o seu coñecemento.

Este protocolo será de aplicación aos distintos axentes intervenientes na planificación, organización e desenvolvemento da xornada electoral do 12 de xullo de 2020. En particular, as previsións establecidas nel deberán ser tidas en conta, no ámbito das súas competencias, polas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral, os concellos e os distintos órganos da Administración autonómica implicados na organización do proceso electoral.

Para organizar adecuadamente o desenvolvemento do proceso electoral que se vai celebrar o vindeiro 12 de xullo de 2020 co fin de evitar riscos para a saúde pública, establécense unha serie de medidas preventivas que se detallan a continuación e que se consideran necesarias para garantir a súa máxima protección.

Descargar protocolo

 

 

Arquivado en