- Esta actividade súmase a outras xa realizadas pola concellalía de Medio Ambiente e que acabarán por plasmarse nun programa de educación medioambiental dirixido a todos os centros educativos e que empezará no vindeiro curso académico.
Sada, 7 xuño 2016.
Co gallo da celebración do Día internacional do Medio Ambiente o Concello de Sada celebrou nos centros educativos de Mondego e Sada e contornos unha actividade para seguir sensibilizando aos más cativos na conservación e divulgación nos valores medioambientais.
Esta actividade súmase a outras xa realizadas pola concellalía de Medio Ambiente e que acabarán por plasmarse nun programa de educación medioambiental dirixido a todos os centros educativos e que empezará no vindeiro curso académico.
“Agradecemos, indicou Liss Suárez Becerra, a colaboración desinteresada das direccións dos dous centros e tamén da empresa Jardiland, patrocinadora do evento”.
Para o concelleiro é necesario implicar a todos os axentes sociais, económicos e medioambientais nunha acción conxunta de presente que dará froito no futuro máis inmediato”.
Os cativos de Mondego e de Sada e Contornos recibiron como agasallo uns tarxetóns elaborados en papel de semilla ecolóxica biodegradable e volveron a recibir unha vez máis esta iniciativa con entusiasmo.