En Veigue ademáis instalaranse subministracións de auga e saneamento en parte de A Valexa.
Desde a concellaría de Obras e Servizos, que xestiona Miguel Tenreiro, sinalan que o orzamento das obras en Veigue é de 40.000€ e financiaranse con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) 2015, mentres que a obra entre Lamela e Lácere cun orzamento de 80.000€ incluirase no Plan Acción Social (PAS) 2015.
Froito das reunións de participación cidadá que está a levar a cabo o goberno local o alcalde de Sada, Benito Portela, sinalou na súa reunión a semana pasada cos veciños de Veigue que incluiría esta obra no PAS 2015.
Sada 16 de decembro
O goberno local de Sada leva realizando reunións cos veciños e as asociacións de veciños das parroquias desde a súa chegada ao Concello. Nas devanditas reunións os veciños das parroquias demandaron numerosas actuacións que levaban anos sen realizarse e que agora o goberno local pensa levar a cabo con cargo aos distintos plans provinciais.
É o caso da mellora en Veigue de todo o servizo de auga debido a que en zonas como na Fraga non contaban con suficiente presión na traída da auga mentres que noutras debido a gran presión das zonas baixas necesitaban unha redución da mesma. Ademais inclúese a subministración de auga e saneamento na Valexa e limitarase o enchido do depósito da parroquia.
Pola súa banda o goberno incluirá nas obras do PAS a dotación do servizo de saneamento no camiño entre Lamela, na parroquia de Carnoedo, e Lácere, na parroquia de Mondego. Con esta actuación que Portela tamén trasladou aos veciños de Mondego dotarase de 600 metros de nova tubaxe de saneamento ademais dun novo pozo de bombeo.
Obras en Veigue
O concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Tenreiro, ten claro que as obras de mellora nas infraestruturas de auga e saneamento en Veigue son “unha demanda histórica dos vecinos”. A obra de adecuación que o goberno local presenta ao pleno para a súa aprobación dentro do PAS 2015 é necesaria por un lado para dotar de servizo de auga e saneamento unha parte do lugar da Valexa que a día de hoxe carece de ambos os servizos e por outro mellorar as presións de servizo de auga ao lugar da Fraga, reducir as presións nas cotas baixas da parroquia e limitar o enchido de grupo de presión mediante unha válvula motorizada.
Os servizos que se precisan son dous servizos básicos; saneamento de residuais e abastecemento de auga. Trátase por tanto de instalar os novos tramos de servizos baixo chan público e as correspondentes a cometidas así como pozos de servizo. Así mesmo instalaranse as conexións ao colector subterráneo para recoller as augas residuais e ao servizo de abastecemento existente, Igualmente preténdese repor todo o pavimento que quede danado pola realización da citada obra.
Ampliación Rede Abastecemento no Lugar da Fraga
En canto á ampliación de rede de abastecemento no lugar da Fragas executarase para entroncar esta coa presurizada existente e así aumentar a presión do caudal da auga que desde hai tempo demandan os veciños da zona. En total serán 108 metros de tubaxe nova as que se instalarán na Fraga.
Finalmente co fin de limitar o enchido do depósito de Veigue instalarase unha válvula motorizada nunha arqueta de formigón armado. Ademais co fin de manter os rangos óptimos de presión nas zonas baixas da parroquia inclúese nesta actuación, a instalación de dúas válvulas reductoras aloxadas en senllas arquetas.
Estas obras virán mellorar tanto o saneamento como o abastecemento de auga cuxos problemas de presión supuxeron numerosas demandas veciñais. Precisamente nas reunións mantidas polo goberno local nos últimos días nas parroquias o alcalde, Benito Portela, trasladou aos veciños de Veigue a inclusión desta obra no PAS cuxo prazo de execución é de tan só un mes.
Saneamento de Lamela a Lácere
A obra a realizar no camiño que discorre entre os lugares de Lamela e Lácere supón o saneamento de 600 metros de camiño con tubaxe de PVC e a construción dun pozo de bombeo de captación e impulsión de augas residuais. Xunto co pozo de bombeo instalarase a acometida eléctrica á rede xeral para a instalación dun cadro eléctrico con autobomba sumergible para augas residuais. Este pozo de bombeo virá aliviar os desniveis existentes e dotará de saneamento a unha zona que vén demandándoo desde hai anos.
Desde a concellaría de Obras e Servizos sinalan que o orzamento das obras en Veigue é de 40.000€ e financiaranse con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) 2015, mentres que a obra entre Lamela e Lácere cun orzamento de 80.000€ incluirase no Plan Acción Social (PAS) 2015.
Participación Cidadá
Moitas das actuacións que o gobernó inclue nos distintos planes provinciales son demandas veciñais que foron plantexadas nas distintas xuntanzas do goberno nas parroquias. O goberno que preside Portela ten intención de ir arranxando os problemas de cada parroquia, que son numerosos e que levan anos sin solución, tanto coa inclusión este ano nos distintos plans da Deputación coma nos próximos anos e con cargo aos distintos orzamentos municipais.
Esta semana o alcalde reunirase cos veciños de Mosteirón e a próxima semana finalizará a rolda de reunións coas parroquias cos veciños e veciñas de O Castro.