Operarios de Telefónica están a realizar a preinstalación de fibra previstas nos distintos plans
Nas ultimas semanas está a realizarse a preinstalación de fibra óptica previstas nos plans de desplegue por parte da compañía Telefónica nas zonas do núcleo urbanos: Avenida do porto, Barrie de la Maza, Avenida Sada e contornos e nas parroquias, nalgunas zonas en Carnoedo, (Campo da Cruz, Souto), ademais, estáse a mellorar a cobertura 4G en todo o termo municipal.
Este feito pode implicar as interferencias na sinal do TDT para o que a veciñanza que poida verse afectada dispon dun servizo gratuito para acometer as tareas de instalación dun filtro na vivenda evitando así o cruce de frecuiencias. Este serizo pode solicitarse no teléfono 900833999
Desde a concellería de Novas Tecnoloxías sinalan que segue aberta a enquisa de cobertura de fibra para que a veciñanza que non dispoña de este servizo poida incluir os seus datos e así o concello solicitarlle as entidades correspondentes a inclusión desos inmobles nos próximos plans de despregue. As persoas enteresadas en participar na enquisa de fibra poden facelo premendo aquí
O Concello de Sada celebra que estén avanzando cos traballos de despregue de fibra que levan grandes retrasos e ademáis que se mellore a cobertura móbil, algo que xa reclamou en varias ocasións. Pero desde a concellería de Novas Tecnoloxías enténdese que non é suficiente. Os distintos plans de desplegue de fibra e os de cobertura móbil elaborados non contemplan toda a superficie do noso municipio, sinala a concelleira Rebeca Mouriño, polo que estamos a solicitar á veciñanza que nos indique si a súa zona de residencia ten ou non cobertura suficiente para poder trasladar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital os datos que nos aporte a consulta pública para que as teñan en conta.
"Insistiremos ante o Ministerio que a súa información georreferenciada é ineficaz á hora de propoñer o despregue do último Plan. Consideramos que o erro está en recoller os datos de cobertura reportada polos operadores sen ter en conta as características e necesidades reais dos municipios", recalca Mouriño.