Memoria de Sada expón na Capela de San Roque e programa ademáis outra exposición na Feira Modernista.

20 / XUL / 2022

Memoria de Sada expón na Capela de San Roque e programa ademáis outra exposición na Feira Modernista.

As dúas exposición contan coa colaboración do Concello e se compoñen dunha selección de máis de 400 fotografías do arquivo do colectivo. O horario de visita da mostra na Capela de San Roque, que se abre mañá e que é de acceso gratuíto, será de martes a sábado, de 10.30 horas a 13.30 horas, e de 18.00 a 21.00 horas. A exposición de rúa da Feira Modernista a compoñen 10 paneis con 50 fotografías de finais do século XIX e principios do XX e poderase visitar na zona da feira do 29 ao 31 de xullo.

Memoria de Sada, un colectivo que xurdiu tras un curso da aula CeMit organizado polo Concello, reúne desde mañá na Capela de San Roque parte do arquivo fotográfico da historia do municipio, que “pertence ás veciñas e veciños de Sada” e que mostran permanentemente na web do mesmo nome.

Nesta ocasión o que se mostrará na Capela de San Roque, coa colaboración do Concello, será unha selección de preto de 400 fotografías do arquivo da web. O horario de visita da mostra, que se abre mañá e que é de acceso gratuíto, será de martes a sábado, de 10.30 horas a 13.30 horas, e de 18.00 a 21.00 horas. Os luns, os domingos e festivos a capela permanecerá pechada.

Este ano ademáis memorias de Sada organiza xunto coa concellería de Cultura outra exposición dentro da programación da Feira Modernista. En total seleccionáronse 50 fotografías para ilustrar 10 paneis que se instalaran na zona da feira que os veciños e visitantes poderán contemplar os días 29,30 e 31 de xullo.

Na selección das fotografías, que datan de finais do século XIX a principios so século XX, se inclúen imaxes do tranvía, do edificio de A Terraza, diferentes rúas, estampas do deporte local, das festas ou os oficios que se realizaban en Sada na época.

 

Memorias de Sada

Memorias de Sada partiu dun curso de informática onde o docente Víctor González  encargouse do apartado técnico para ofrecer a través dunha páxina web a hemeroteca fotográfica comunitaria que permite coñecer a evolución do municipio nos últimos decenios. Pero o traballo do colectivo vai máis aló do formato virtual e este agosto  volve materializarse nunha exposición física, que se poderá visitar até o 31 de agosto.

O colectivo leva en activo desde o 2012 e partiu dun curso de informática. As persoas que impulsaron o proxecto foron Maruja Babío, Pura Pardo, Jesús Franco, Lina Andrade, Maribel Brandariz e Maise Vázquez, que son os que escriben os textos e recompilan as fotografías, mentras Víctor González  se encarga do apartado técnico.

“Nós fixemos ou traballo de recollelas, escribir os textos para a web e facer unha selección de máis de 350 fotografías que cremos son as máis representativas e estarán expostas desde mañá durante todo ou mes de agosto na Capela”, apunta Vázquez.

Con esta exposición, Memoria de Sada, convida a viaxar no tempo, a coñecer o pasado do municipio, “nunha emocionante selección de fotografías que resucitan o pasado da vila: rúas, edificios, persoas, oficios, festas, onde moitos veciños se verán reflectidos” sinalan desde Memorias de Sada.

“Con este son dez  anos nos que día a día nos asombra a cantidade de fotos que os sadenses nos deron para pór na páxina”, sinalan desde o colectivo. A gran artífice dese arquivo e da memoria fotográfica de Sada foi Maruja Babio quen durante os últimos anos encargouse de solicitar aos veciños e veciñas as súas aportacións para completar preto de 7.000 imaxes de que consta o arquivo.

Arquivado en