18 / ENE / 2022
A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, prepara unha campaña coa que promocionar e fomentar o comercio local a redor da celebración do 14 de febreiro.
A campaña desenvolverase nos días previos ao San Valentín e nela os comercios adheridos á mesma repartirán entre a súa clientela no momento da compra caramelos e adhesivos deseñadas para dita actividade.
Esta iniciativa súmase a outras accións desenvolvidas polo Concello para dinamizar a actividade comercial, achegar á cidadanía o comercio de proximidade e animar á veciñanza a realizar as súas compras nos comercios de Sada.
Os comercios que desexen adherirse á iniciativa poderán indicalo a través do correo electrónico: turismo@sada.gal, ata o martes 1 de febreiro.