13 / AGO / 2019
O Encontro Folclórico A Meda do Castro, na súa XIX edición, quere coorganizar xunto coa Concellería de Cultura do Concello de Sada un mercado de artesáns e artesás de Galicia, que ofrezan produtos feitos a man e de calidade e interese etnográfico.
O encontro celebrarase o vindeiro sábado 31 de agosto, nos xardíns detrás do edificio A Terraza. Os artesáns e artesás estarán exentas de pago de taxas e as carpas dos postos de venda correrán a cargo da organización, có fin de crear un espazo harmonioso no mercado. As solicitudes deberán cumprir unha serie de requisitos e, ademais, atender a uns criterios específicos de selección que se recollen nas presentes bases