MERCADO URBAN FEEL Y DÍA DE LA JUVENTUD

11 / XUL / 2022

MERCADO URBAN FEEL Y DÍA DE LA JUVENTUD

A Concellaría de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías do Concello de Sada, leva a cabo a promoción, organización e dinamización de actividades de lecer e tempo libre destinadas á mocidade. Por tal motivo, proponse a realización de duas actividades a realizar no periodo estival denominadas: Urban Feel (Festival de Cultura Urbana) e o Día da Mocidade para os que se propón a realización dun Mercado de Cultura Urbana no se que pretende complementar e potenciar ainda máis a mostra das actividades. Un mercado no que os xoves artistas locais poidan amosar e vender as suas obras mediante obradoiros e demostracións en vivo nos que, ademáis, involucrarán e ensinaran a outros mozos/as a realizar os seus traballos. Tamen nesta proposta de mercado de cultura urbana se inclúen postos de venta de comida (Food Trucks) e bebida debido a que serán xornadas longas de actividade para a mocidade.

DECRETO APROBACION DAS BASES DE PARTICIPACIÓN NO MERCADO DE CULTURA URBANA URBAN FEEL E DIA DA XUVENTUDE

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO MERCADO DE CULTURA URBANA URBAN FEEL E DIA DA XUVENTUDE

 

O Festival de Cultura Urbana URBAN FEEL ten como finalidade promover e dinamizar actividades urbanas moi demandadas pola xuventude hoxe en día, mediante a realización de obradoiros e exhibicións de: Hip-Hop, Skate, Break Dance, Graffiti, Rap, Beat Box, Parkour, Obradoiros para cativos de cultura urbana, Batallas de danza urban, Dj….entre outras….

A mocidade poderá, ademáis de presenciar a outros mozos realizar exhibicións de ditas actividades, prácticar as diferentes modalidades que se amosan no espazo habilitado polo concello.

O DIA DA XUVENTUDE a Concellería realizará unha Holi Fest que consiste nunha festa lúdico festiva onde os participantes lánzanse pó de cores brilantes e todo iso acompañada de música e animación a realizar no Paseo Marítimo.

Para estas dúas actividades xuvenís, esta concellería propón a realización dun Mercado de Cultura Urbana no se que pretende complementar e potenciar ainda máis a mostra das actividades mencionadas anteriormente. Un mercado no que os xoves artistas locais poidan amosar e vender as suas obras mediante obradoiros e demostracións en vivo nos que, ademáis, involucrarán e ensinaran a outros mozos/as a realizar os seus traballos. Tamen nesta proposta de mercado de cultura urbana se inclúen postos de venta de comida (Food Trucks) e bebida debido a que serán xornadas longas de actividade para a mocidade.

Segundo isto, establécense unas bases reguladoras de participación no mercado de cultura urbana onde serán recollidas as seguintes consideracións ás que deberán acollerse os interesados en participar no mercado.

 

BASES DE PARTICIPACIÓN NO MERCADO DE CULTURA URBANA URBAN FEEL E DIA DA XUVENTUDE

 1.- Obxeto: As presentes bases teñen por obxeto establecer as condicións e o procedemento de outorgamento da autorización da ocupación de terreos de uso público para instalación de diferentes postos de venta no espazo situado na praza vermella (a carón do edificio da Terraza) os días 6 e 12 de agosto do presente ano. O número de autorizacións outorgadas serán dun maximo de:

  • 6 para obradoiros xuvenis.
  • 1 para Food Trucks e coa conformidade na documentación presentada na solicitude.
  • 1 para posto de bebidas e coa conformidade na documentación presentada na solicitude.

 

2.- O mercado permanecerá aberto ao público cos seguintes horarios:

- Sábado 6 de agosto (Urban Feel): dende ás 12:00 ás 03:00 h.

- Venres 12 de agosto (Holi Fest): dende ás 17:00 ás 01:00 h.

Os vehículos poderán acceder á zona do mercado para labores de descarga de material e montaxe no horario prefixado pola organización que será de 16:00 ás 17:00 horas. Os vehículos deberán ser retirados inmediatamente feita a descarga de material.

 

3.- Poderán presentar solicitude de participación no mercado de cultura urbana 2022 do Concello de Sada:

  1. a) Os postos de venta que acrediten a realización dunha actividade acorde á festa que se realice en cada un dos días, ben sexa a través de realización de obradoiros xuvenís, deseño, comics, customización de gorras ou camisetas, etc…..non será preciso que acrediten o desenvolvemento dunha actividade dada de alta no IAE nin estar dados de alta como autónomos.
  2. b) As persoas físicas ou xurídicas que acrediten o desenvolvemento dunha actividade dados da alta no IAE (modelo 036) en calquera dos seguintes epígrafes: 674.1 Servizos especiais de restauración, vehículos de tracción mecánica, 982.4 tómbolas, espectáculos, servizos de restauración e 663.1 Comercio ao por menor fora dun establecemento comercial. Nestes casos, establecense estas condicións para os postos de venta de comida (Food Trucks) ou bebidas.

 

4.- As instancias solicitando participar no mercado presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro. O prazo para presentar as solicitudes será do 12 ao 17 de xullo, ambos inclusive, en horario de 09:00 a 14:00 horas. As solicitudes deberán enviarse no modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I), acompañado da seguinte documentación:

  1. a) Fotocopia do DNI/ NIE/CIF do interesado.
  2. b) No caso das persoas xurídicas presentarase ademais fotocopia do DNI do representante legal.
  3. c) Estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente á actividade que desenvolva.
  4. d) Estar dado de alta na Seguridade Social no réxime correspondente, acreditando estar ao corrente do pago das súas obrigas fiscais e ca Seguridade Social.
  5. e) Carné de Manipulador de Alimentos.
  6. f) Contar co correspondente seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos derivados do desenvolvemento da súa actividade así como os posibles danos a terceiros e danos estructurais.
  7. g) Estar ao corrente de pago por calquera concepto co Concello de Sada co compromiso de mantemento destas obrigacións durante a vixencia da autorización.
  8. h) Homologación: os traballos de transformación de calquera vehículo nun Food Truck deben de estar claramente homologados e autorizados polo organismo correspondente.
  9. i) Presentación da Tarxeta da ITV.

 

5.- A firma e presentación da solicitude de participación constitúe un compromiso irrevogable por parte do solicitante de aceptar e acatar as normas específicas do mercado establecidas nas presentes bases, así como, as disposicións concretas que para o bo desenvolvemento do mercado fosen establecidas pola organización.

 

6.- A autorización para instalar os diferentes postos de venda en terreos de dominio público con motivo da celebración do mercado de Cultura Urbana ten carácter temporal e esta encadrada na Ordenanza Fiscal nº 16 reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso publico con postos, barracas (...) , publicada no BOP nº 125/2016, de 4 de xullo. Art. 2B do Concello de Sada.

 

7.- A taxa polo uso do espazo público, segundo o recollido nesta ordenanza municipal será de:

  • Exentos de pago da taxa (segundo se recolle na artigo 2º da ordenanza) os postos de venta que esten relacionados coa festa da cultura urbana formando parte do contido do Festival Urban puidendo ofrecer obradoiros ou demostracións gratuitas
  • 30 €/día para os postos de venda de comida (Food Trucks) e bebidas. O pago das taxas deberá de facerse efectivo 8 días antes do comezo do mercado. Aqueles comerciantes que non realicen o pago antes do fin de dito prazo quedarán automaticamente excluídos de participar no evento. Antes da montaxe dos postos, cada participante deberá presentar copia do xustificante de ingreso bancario correspondente á cantidade a abonar en concepto de taxas. No caso de non asistencia o día da montaxe ou de cancelación, o Concello de Sada cobrará o 100% do ingreso efectuado en concepto de gastos de anulación e danos e perxuízos a á organización.

 

8.- O pago da taxa inclúe: Servizo de abastecemento de auga e luz na praza debendo comunicar especificacións eléctricas de cada posto de venda antes do 30 de xullo, en caso contrario cada propietario será responsable do seu funcionamento eximindo ao concello de tal responsabilidade. Cada participante deberá traer un cable alargadera para conectarse o punto de suministro electrico lonxitude mínima de 10 metros, mangueira de auga para conectarse (en caso de necesitala polo tipo de produto) nos puntos indicados pola organización. Deberá asi mesmo contar con listado de prezos que deberá estar a vista durante todo o evento, dispor de follas de reclamacións a disposicións dos usuarios con cartel informativo tamen á vista e cartel indicativo da prohibición de venda de bebidas alcoholicas a menores de idade.

 

Arquivado en