MERCAR EN SADA TEN PREMIO

11 / DEC / 2019

MERCAR EN SADA TEN PREMIO

Sada da comezo á programación do Nadal coa campaña "Mercar en Sada ten premio" coa que a concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego promove a dinamización do comercio local.

Preme no cartaz para ver todos os establecementos asociados a esta promoción

Sada, 11 de decembro de 2019.

  • Participan 75 establecementos comerciais onde realizar as diferentes compras do Nadal.
  • Sortearánse 1.000€ entre os clientes que merquen nos locais participantes.

O Concello de Sada inaugura as actividades da programación de Nadal coa campaña “Mercar en Sada ten Premio” promovida pola concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego que dirixe a nacionalista Laura Rodríguez Pena.

Nesta campaña, que se desenvolve desde o día 11 de decembro ata o 5 de xaneiro, participan setenta e cinco establecementos comerciais. A campaña pretende promover a dinamización do comercio local premiando aos consumidores, entre os que se sorteará un vale de 300€,  outro de 100€ e doce de 50€,  todos eles canxeables nos locais participantes. Sorteo que terá lugar na capela de San Roque o vindeiro día 7 de xaneiro as 20:30.

“Elixir o comercio local para as compras de Nadal xera emprego, contribúe a prosperidade económica e a recuperación local, constituíndo unha forma responsable de mercar" indica a concelleira de Promoción Económica Laura Ropdríguez quen engade que "a confianza, o trato familiar e a atención personalizada, diferencian ao comercio de Sada fronte as grandes superficies comerciais”.

Arquivado en