04 / MAI / 2025
A concellería de Cultura programa o domingo 4 de maio ás 19:00 na Casa da Cultura a obra de teatro "Mulleres que viven Soas". Espectáculo AGADIC.
ENTRADAS. 4€ - VENTA AQUÍ
Protagonizada polas Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo e que nos serven de referencia para rirnos da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como nos sentimos nós dentro das nosas casas.
Espectáculo híbrido entre o teatro documental, a standup comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininas de ficción.