Nace Sada Comercio, unha iniciativa de dúas empresarias sadenses que conta co apoio da concellería de Promoción Económica

15 / MAR / 2016

Nace Sada Comercio, unha iniciativa de dúas empresarias sadenses que conta co apoio da concellería de Promoción Económica

-Venda, exposición, talleres, actividades e sorteos nunha carpa situada detrás da Terraza animarán o fin de semana que vén.

-O domingo 20 de marzo realizaranse sorteos dun cruceiro polo Mediterráneo,  dun tratamento de beleza e dun fin de semana nun talaso-hotel de catro estrelas na Toxa.

- Liss Becerra: “A inciativa parte de dúas empresarias novas da vila, Mónica e Enma, que trouxeron ao meu despacho un proxecto cargado de ilusión, optimismo e compromiso coa construcción dun futuro mellor para o comercio sadense. É xusto o que nós pretendemos".

 

Froito da iniciativa de duúas empresarias que rexentan os comercios locais “Mes petits” e “Trendy Life”, e do apoio da concellaría de Promoción Económica, nace Sada Comercio 2016 un evento ao que se sumaron unha trintena de establecementos sadenses para realizar o fin de semana que vén diversos actos de venda, exposición e lecer nunha carpa situada detrás do edificio da Terraza.

O concelleiro Liss Suárez Becerra sinala que "a organización de Sada Comercio enmárcase dentro da programación da Concellalía cumprindo cun dos obxectivos que nos puxemos como Goberno no sentido de apoiar as inciativas de,neste caso,do tecido comercial e hostaleiro de Sada. A inciativa parte de dúas empresarias novas da vila, Mónica e Enma, que trouxeron ao meu despacho un proxecto cargado de ilusión,optimismo e compromiso coa construcción dun futuro mellor para o comercio sadense. É xusto o que nós pretendemos".

Sada Comercio arrincará o sábado con “Modelo por un día” unha sesión fotográfica con Kike Pérez.  Pola tarde Sadanza realizará unha mostra de baile e Sadasol unha clase de limpeza facial.

O domingo 20 pola mañá organízase un taller de coroas de papel a cargo de Subela e despois dunha conferencia de Viaxes Carrefour realizarase o sorteo dun cruceiro polo Mediterráneo.

Pola tarde, para os máis pequenos, levarase a cabo un taller de repostaría infantil organizado pola Panadería Carnoedo e posteriormente unha masterclass de Zumba coa escola de Carmen López do centro Roberto Ríos.

Ás 19:30 horas terá lugar a segunda parte dos sorteos onde se poderá gañar un tratamento de beleza e un fin de semana nun talaso-hotel na Toxa, valorado en 300€.

A concellaría de Promoción Económica e Turismo apoia esta iniciativa xurdida do comercio local, achegando a instalación da carpa onde se celebrarán as  actividades, a seguridade e a cartelaría do evento.

Para o concelleiro de Promoción Económica "hai que valorar moi positivamente a valentía e determinación dos empresarios, comerciantes e hostaleiros de Sada que, con eventos coma este, amosan que a unión entre administración local e o sector é fundamental para saír adiante a base de traballo e comunicación. O sábado e o domingo haberá cerca de 30 empresas de Sada representadas con exposición, venda, obradoiros, danza, música, conferencias, sorteos de agasallos e o valor engadido no trato ao cliente que só o pequeno comercio,o de proximidade pode ofrecer aos visitantes que se acheguen á carpa situada detrás da Terraza. Niso cremos desde o goberno,e niso seguiremos traballando".

Arquivado en