A Concellería de Cultura programa numerosas actividades nas festas do Nadal 2023
XOVES 7 DE DECEMBRO ás 19 horas na Praza de San Roque
ACENDE O NADAL SOLIDARIO
A actividade dará comezo ás 17h cunha recollida de alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e xoguetes en bo estado a favor de Cruz Vermella e Cáritas. As familias que fagan as súas achegas no punto de recollida da praza de San Roque en horario de 17h a 19h recibirán rifas para participar nos sorteos do día.
Ás 19h terá lugar o primeiro dos sorteos. A familia afortunada terá o privilexio de acender a decoración navideña deste ano e tamén será agasallada cunha Nintendo Switch Oled.
A festa continuará ata as 20h con animación musical e novos sorteos de tres vales de 100€ cada un para gastar no comercio local.
VENRES 8 DE DECEMBRO ás 18:30 na Casa da Cultura
MONICREQUES DE KUKAS presenta a súa obra “Viva Vivaldi”. Espectáculo de pago con venda exclusiva na taquilla virtual. Entradas a 3,5€
DOMINGO 10 DE DECEMBRO ás 19:00 na Casa da Cultura
Desfile solidario organizado polo comercio local (Miluzette, Badana, Gago, Detalles, Pluma y Collar, Mavestudio, Meniños e Lorena Barciela) a favor de Cruz Vermella e coa colaboración da Escola de Danza Carmen López. Recollida de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene como único requisito para a entrada.
VENRES 15 DE DECEMBRO ás 18:30 na Casa da Cultura
Espectáculo de Maxia co ilusionista Martín Camiña. Entrada de balde ata completar aforo.
VENRES 15 DE DECEMBRO ás 19:00 no entorno de Parque As Brañas
VIII Carreira Nocturna de Sada. O Concello de Sada e o Club Atletismo Sada organizan o venres 15 de decembro a partir das 19:00 a VIII Carreira Nocturna a favor de Cáritas e Cruz Roja.
Carreira benéfica cuxa recadación íntegra se reparte a partes iguais entre Cruz Vermella Sada e Cáritas de Sada.
O evento está repartido en tres actos: As carreiras de nenos, que empeza ás 19 h con distintas distancias a partir dos 100m. O segundo acto é a denominada Carreira inclusiva apta para todos os públicos e circunstancias sobre unha distancia de 800m. A carreira de adultos sobre unha distancia de 5km na que tamén poden participar persoas con discapacidade
Ao finalizar a carreira de adultos farase a entrega de trofeos e dos dous cheques ás dúas entidades sociais
DOMINGO 17 DE DECEMBRO ás 12:00 no Albergue Mariña
GALA NADAL PATINAXE ARTÍSTICA. O domingo 17 de decembro no Pavillón Polideportivo do Albergue da Mariña terá lugar a Gala de Nadal do Club Patinaxe Artística Sada. ENTRADA LIBRE
DOMINGO 17 DE DECEMBRO ás 20:00 na Casa da Cultura
A compañía de teatro Butacazero presenta a súa obra para público adulto “Papagena”. Entrada de balde ata completar aforo.
VENRES 22 DE DECEMBRO ás 17:00 no Pavillón Municipal
Gran festa infantil de Nadal con carácter solidario. Música, animación, xogos e inchables. Merenda de balde para os nenos e nenas. Prégase aos asistentes que aporten alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene para colaborar con Cáritas e Cruz Vermella.
Atoparedes xogos de grande formato para compartir en familia, inchables para pequenos e para os que xa non son tan pequenos, zona de baile e xogos dirixidos con animación musical e, para os máis rezagados, un obradoiro para elaborar a carta cos vosos desexos, que lle poderedes entregar alí mesmo en persoa ao mesmísimo Papá Noel que virá dende a súa casa en Laponia a pasar a tarde con todos nós.
A media tarde, a rapazada será convidada a merendar un delicioso chocolate con churros para repoñer forzas e así chegar en plenitude ao momento estelar da noite, o espectacular sorteo de agasallos.
Cun chisquiño de sorte poderes levar para casa unha fabulosa cesta de Nadal, unha escapada de fin de semana no Hotel Alda Santa Trega, vales en material escolar, vales para mercar xoguetes ou unha das cinco Nintendo Switch que temos agardando por vos. Si, si, non é un erro, 5 unidades da videoconsola máis de moda para que poidades compartir o tempo de lecer en familia.
Que tendes que facer para participar en todo isto? Pois un pequeno esforzo solidario aportando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para que Cáritas e Cruz Vermella llos fagan chegar ás familias máis necesitadas. Sinxelo, non? Pois vémonos alí a partires das cinco da tarde.
SÁBADO 23 DE DECEMBRO ás 09:00 no Pavillón Municipal
VI CAMPIONATO NADAL DE JUDO. O sábado 23 de decembro a partir das 9:30 horas terá lugar no Pavillón Polideportivo de Sada a sexta edición do Campionato de Nadal de Judo. ENTRADA LIBRE
27, 28 e 29 DE DECEMBRO
Tren do Nadal polas rúas de Sada. Saídas periódicas dende a Praza de San Roque. Entrada de balde.
VENRES 29 DE DECEMBRO ás 20:00 na Casa da Cultura
O VENRES 29 DE DECEMBRO ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Concerto de Nadal. Coa participación da Banda Municipal de Música de Sada . Dirixe Banda Música: Miguel Brea
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
4 DE XANEIRO ás 18:00 na Casa da Cultura
Cine de Nadal. Proxección da película Polar Express. Entrada de balde ata completar aforo.
5 DE XANEIRO
Cabalgata cos Reis Magos de Oriente. Recepción coas súas Maxestades na Casa da Cultura ao terminar o percorrido.
Saída da lonxa ás 18h co seguinte percorrido: Avda. do Porto - Avda. da Mariña - Rúa Venezuela - Rúa Bergondo - Rúa Pontedeume - Rúa Oza dos Ríos - Praza da Igrexa Nova - Avda. Barrié de la Maza - Rúa Linares Rivas - Rúa Venezuela - Avda. da Mariña e chegada á Casa da Cultura.