A Concellería de Cultura programa numerosos actos na época de Nadal para disfrute de toda a familia
PROGRAMA DE ACTIVIDADES NADAL EN SADA 2021-2022
TROCA LIBROS INFANTIL:
DATA: recollida de libros entre o 7 e o 17 de decembro; troco de libros entre o 28 e o 29 de decembro.
LUGAR: Biblioteca Municipal
HORARIO: 09:00 a 14:00 h (varios pases)
ENTRADA: acceso libre e de balde
Por cada libro entregado, cada participante recibirá un vale para trocar por outro libro, ata un máximo de 3 por persoa.
ACENDIDO NAVIDEÑO:
DATA: 10 de decembro
LUGAR: rúa Linares Rivas
HORARIO: inicio 19:00h
Acto de acendido da iluminación do Nadal, con especial atención aos elementos de iluminación deseñados polos gañadores do concurso infantil ACENDE A LUZ DO NADAL.
Nos momentos previos haberá unha animación de rúa coa participación dunhas pompeiras e a conta atrás colectiva para poñer luz ao Nadal en Sada.
PANXOLIÑAS DO NADAL:
DATA: 11 de decembro
LUGAR: auditorio municipal da Casa da Cultura Pintor Lloréns
HORARIO: 19:00 h
Concerto de música coral cun repertorio composto por panxoliñas, a cargo das agrupacións sadenses:
- Coro Agra das Arcas
- Coral A Lembranza de Sada
- Coro Galego Santa Comba de Veigue
- Coral Polifónica San Martín de Meirás
- Asociación Cultural A Meda do Castro
CONCERTO DE NADAL DA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA:
DATA: 18 de decembro
LUGAR: auditorio municipal da Casa da Cultura Pintor Lloréns
HORARIO: 20:00 h
RESERVA DE ENTRADAS (Activas o luns 13 de decembro)
Concerto de música clásica de Nadal a cargo da Banda de Música Municipal, coa participación de alumnas e alumnos da Escola Municipal de Música.
POBOADO DOS NADAIS DO MUNDO:
DATA: 22 e 23 de decembro
LUGAR: carpas na praza situada detrás do edificio modernista A Terraza
HORARIO: 17:00-21:00 h
ENTRADA: libre e de balde
Xogos, xincanas, obradoiros e personaxes moi simpáticas! Unha chea de actividades para coñecer como é que se celebra o Nadal en África, América Latina e en moitos outros lugares do mundo.
O APALPADOR CONTA CON VÓS:
DATA: 23 de decembro
LUGAR: auditorio municipal da Casa da Cultura Pintor Lloréns
HORARIO: 18:30 h
RESERVA DE ENTRADA (Activas o luns 20 de decembro)
Recibiremos a visita do Apalpador para que nos conte a súa historia e os bos consellos que temos que seguir para conseguir que nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo fai en madeira.
NADAL TOLO:
DATA: 24 de decembro
LUGAR: varias rúas polo centro urbano
HORARIO: 17:00 a 20:00 h
ENTRADA: acceso libre e de balde
As rúas de Sada están repletas de personaxes navideñas que se atopan un pouco perdidas... necesitan a axuda de nenas e nenos para que poidan resolver os seus problemas, ou do contrario non estarán listas para celebrar a Noite Boa!!
TREN DO NADAL:
DATA: 28 e 29 de decembro
LUGAR: varias rúas polo centro urbano
HORARIO: 16:30 a 20:30 h (varios pases)
ENTRADA: acceso libre e de balde
Poderemos montarnos nun tren turístico especialmente decorado, para celebrar o Nadal circulando por Sada e animando este tempo festivo.
PASARRÚAS MÁXICOS:
DATA: 28, 29 e 30 de decembro
LUGAR: varias rúas polo centro urbano
HORARIO: 18:00 a 20:30 h
Un camelo xigante formado por globos, malabaristas, zancudos e moitas sorpresas máis. Un pasarrúas cheo de maxia co que a rapazada poderá interactuar e xogar, desfrutando dun divertido espectáculo.
FIN DE ANO MATINAL:
DATA: 31 de decembro
LUGAR: Praza de San Roque
HORARIO: 11:30 a 13:00 h
ENTRADA: libre e de balde, apta para todos os públicos
Dúas singulares personaxes despedirán o ano presentando as badaladas, con música, festa e moi boa onda. Haberá cotillón, “uvas” e algunhas sorpresas para recrear a despedida do 2021 en comunidade.
CARTEIROS REAIS:
Un grupo de “Carteiros Reais” visitará as parroquias de Sada no seu coche descapotable, facendo xogos e repartindo caramelos. Ao tempo, recollerán as cartas que as nenas e nenos queiran enviar ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.
DATAS E HORARIOS:
Domingo 2 de xaneiro:
11:30 a 12:15 h Centro cívico de Veigue
12:30 a 13:15 h Centro cívico de Meirás
13:30 a 14:15 h Parroquia de Mosteirón (baixo o Plátano)
Luns 3 de xaneiro: (SUSPENDIDA POR MOR DO LOITO OFOCIAL )
12:00 a 13:00 h Centro cívico de Carnoedo
13:15 a 14:15 h Centro cívico de Mondego
Martes 4 de xaneiro: (SUSPENDIDA POR MOR DO LOITO OFOCIAL )
12:00 a 13:00 h Centro cívico de Soñeiro (a carón do S.E.M.)
13:15 a 14:15 h Centro cívico de O Castro
RECEPCIÓN REAL
DATA: 5 de xaneiro de 2022
Por mor da situación sanitaria actual e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, o Concello organiza unha recepción alternativa en lugar da habitual cabalgata.
As nenas e nenos de Sada que o desexen poderán achegarse ás Súas Maxestades de Oriente na Casa da Cultura entre as 17:00 e as 20:00h, para entregarlles as súas cartas, facerse unha foto con elas e compartir os momentos previos á máxica noite de Reis.
O auditorio da Casa da Cultura será o lugar onde Melchor, Gaspar e Baltasar agardarán ás nenas e nenos de Sada. O acceso será mediante un sistema de circuíto de fila no que se garantirá o cumprimento das recomendacións de prevención sanitaria, con máscara e mantendo a distancia entre diferentes grupos de convivencia.
As nenas e nenos deberán acceder acompañados dunha persoa adulta e poderán subir ao escenario para tomar unha fotografía cos Reis Magos. Pero dadas as especiais circunstancias, a visita deberá realizarse de forma áxil para permitir o acceso do maior número de persoas.
Durante a recepción, nos arredores da Casa da Cultura teremos unha zona de “auto-foto” coas carrozas reais e organizaranse obradoiros lúdicos, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.