NOVA APP DE TURISMO E COMERCIO

31 / OUT / 2019

NOVA APP DE TURISMO E COMERCIO

A Concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego presentou onte pola tarde na Capela de San Roque a renovada aplicación de Turismo e Comercio de Sada xunto con EnsiLabs e Mr. Flópez Creative Factory creadores da App.

Sada, 31 outubro 2019

A APP disponíbel para móbiles Android e iPhones pretende servir como canle de comunicación entre o Concello e os visitantes pero tamén para a veciñanza. A través dela podiase consultar información sobre Sada (historia, centros sociais, edificios oficiais, festas…), que lugares turísticos se poden visitar (lugares de interese cultural ou arquitectónico, natureza, praias, roteiros…) e que restaurantes, bares, pubs, hoteis ou comercios hai no municipio o que "facilita o contacto entre comercios do concello cos posibles clientes, para que poidan dar a coñecer os seus produtos e servizos" como indica a Concelleira.

Agora, ademáis tamén se poden visualizar as novas relativas ao Concello e acceder de xeito sinxelo aos teléfonos e conta cun sistema de notificacións co que se avisará ao usuario dos eventos próximos de interese para facilitar a difusión e planificación dos mesmos.

Unha vez instalada, non é necesario ter conexión a internet para utilizala. Ademais, dispón dun sistema de calendario con notificacións que avisará ao usuario dos eventos próximos de interese. Está dispoñible en tres linguas: Galego, castelán e inglés.

As ligazóns para descargala son as seguintes: