Nova campaña antivelutina en Sada, que retirou 200 niños en 2021 con medios propios

24 / ABR / 2022

Nova campaña antivelutina en Sada, que retirou 200 niños en 2021 con medios propios

A veciñanza pode dar aviso directamente ao Servizo de Emerxencias (tlf. 607438457), operativo as 24h. e que garante a prestación do servizo dentro das primeiras 24h. de recepción do aviso, así como notificar ao Concello a través dos distintos medios habilitados a tal fin (portal de incidencias , correo electrónico, etc..). Ademais, coa entrada en vigor do Convenio coa Xunta de Galicia pódese informar tamén a través do 012, onde se lles facilitará un número de aviso e a posible data de retirada do niño.

Con motivo da activación da campaña de control e erradicación de niños de avespa velutina, o Concello de Sada quere lembrar os sistemas de aviso á poboación en caso de verse afectado pola presenza de niños nas propiedades particulares e zoas anexas.

Como en anos anteriores este servizo estase a prestar a través da Concellería de Medio Ambiente en colaboración co Servizo de Emerxencias Municipal, sistema adoptado por este Concello para garantir a retirada dos niños nun máximo de 24h, sendo o habitual a retirada no mesmo día, motivo polo que este Concello non se adscribiu en anos anteriores ao convenio da Xunta, xa que a frecuencia de retirada por parte deste organismo é de 1 ou 2 días á semana. Como dato de referencia durante o ano 2021 foron neutralizados e retirados 200 niños de avespa velutina con medios propios do Concello de Sada

O motivo da adscrición este ano ao Convenio ven dado pola necesidade de contar con máis e mellores medios que garantan a intervención incluso naqueles niños que se atopan a alturas superiores a 20 mts, xa que ésa é a altura máxima da escala do Servizo e o número de niños que se atopan a estas alturas crece ano tras ano.

O Concello de Sada é con diferencia o que máis inversión realizou na dotación de equipación destinada a estas labores xa que asumiu as competencias dende o primeiro momento precisamente para garantir o funcionamento deste servizo a diario.

Entre a equipación adquirida polo Concello atópanse 12 traxes especiais para Velutina, 2 pértegas de aluminio de 15 mts, 1 pértega de carbono deseñada polo SEM que reduce en 9 kg o peso en relación ás que se atopan no mercado, 1 marcadora semiautomática que permite disparar o Biocida directamente aos niños cun alcance de 50 mts, permitindo deste xeito, neutralizar os niños dun xeito máis seguro e o que é máis importante, reducir o uso dos biocidas en espazos naturais.

SISTEMAS DE AVISO

É importante ter en conta o sistema que se empregue para dar aviso xa que a temporalidade varia considerablemente en función do Servizo ao que se chame. Por unha banda pódese dar aviso directamente ao Servizo de Emerxencias (tlf. 607438457), operativo as 24 h e que garante a prestación do mesmo dentro das primeiras 24h de recepción do aviso, así como notificar ao Concello a través dos distintos medios habilitados a tal fin (portal de incidencias  https://incidencias.sada.gal/ , correo electrónico, etc..).

Por outra banda, coa entrada en vigor do Convenio coa Xunta de Galicia pódese informar tamén a través do 012, onde se lles facilitará un número de aviso e a posible data de retirada do niño.

Arquivado en